Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Lingüística Aplicada (2013)
 Asignaturas
  A avaliación de dicionarios
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro B2 B5 B6 B7 B10 C1 C4 C6 Valorarase a participación activa e interacción cos compañeiros e coa profesora. 20
Traballos tutelados A4 A5 B2 B4 B5 B6 B7 B8 B9 C1 C6 C8 Valorarase a correcta aplicación dos coñecementos adquridos durante o curso, así como a súa correcta expresión escrita. 80
 
Observacións avaliación

As probas obxecto de avaliación e as porcentaxes poderán sufrir algunha variación se ao longo do curso xorden elementos imprevistos que alteren dalgunha maneira o seu normal desenvolvemento ou se programan actividades que se consideren de interese para o alumno (xornadas, exposicións...).

As persoas inscritas a tempo parcial e que obtivesen dispensa académica deberán entregar as actividades avaliables nas condicións e nos prazos específicos que se establecerán a tal efecto e que a profesora comunicará ao alumnado afectado ao inicio do curso.

Na segunda oportunidade, o alumno deberá completar as actividades que non realizase ou suspendese ao longo do curso. Se algunha delas non puidese realizarse nas mesmas condicións (obradoiro, por exemplo), será substituída polo profesor por outra equivalente, convenientemente comunicada ao alumno.

Avaliarase o alumno (isto é, non será considerado NP) se entrega unha das dúas actividades previstas (proba de lectura ou traballo tutelado).

As faltas contra a corrección lingüística serán penalizadas. Os alumnos estranxeiros terán unha consideración especial neste sentido, aínda que un mínimo de corrección lingüística sempre é esixible.

Para aprobar a materia será necesario obter un mínimo de 5 en cada unha das actividades.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes