Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Literatura Española do Século de Ouro 1
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A1 A2 A3 A5 A7 A9 A10 A11 A15 A16 A17 B1 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 C1 C4 Consistirá nunha proba teórica e práctica que medirá o aproveitamento da materia por parte do alumno e, especialmente, o dominio das lecturas obrigatorias. Os criterios de avaliación serán: adecuación da reposta á pregunta formulada, estructuración adecuada do discurso, corrección léxica, ortográfica e gramatical.
60
Obradoiro A1 A2 A3 A5 A10 A11 A15 A17 B1 B3 B6 B8 C1 C4 A asistencia e a participación activa do alumnado nas sesións interactivas de aprendizaxe colaborativa e obradoiro será controlada e avaliada de xeito continuado.
A avaliación consistirá na realización de dous comentarios literarios de textos poéticos por valor de 20% cada un (20% + 20%), sumando estes dous exercicios o 40% do total das probas avaliables. As probas terán lugar en horario lectivo nas datas que se indicarán no cronograma da materia.
40
 
Observacións avaliación

Non se poderá aprobar a materia sen ter unha calificación mínima de 5 sobre 10 na proba mixta. 

MOI IMPORTANTE: o alumno será avaliado e calificado sempre que se
presente á proba mixta. Recibirá a calificación de "NON PRESENTADO"
cando non se presente ao exame.

Na segunda oportunidade (xullo) os estudantes que suspenderen deberán repetir a proba mixta no lugar e horas fixados polo Centro; o valor da proba mixta na segunda oportunidade será de 100%.

Os alumnos que teñan recoñecida a dispensa realizarán as seguintes
probas: proba mixta (60%) e traballo tutelado (40%). Se abitrarán de
acuerdo co alumno todas as medidas de atención necesarias.

Na convocatoria adiantada a avaliación consistirá nunha proba mixta por valor do 100%.

Calquera forma de plaxio, tanto na proba como nos exercicios suporá o suspenso (nota numérica 0) para o conxunto da materia na convocatoria que corresponda (Regulamento disciplinar do estudantado, art. 11, apartado
4b). O control farase mediante o programa de detección de
plaxios Turnitin, autorizado pola Xunta de Facultade.

A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de
medidas encamiñadas ao apoio á diversidade. De ser o caso, deberán
contactar cos servizos disponíbeis na UDC/no Centro: nos prazos oficiais
estipulados de maneira previa a cada cuatrimestre académico, coa
Unidade de Atención á Diversidade
(https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/); no seu defecto, coa
Titora ADI da Facultade de Filoloxía (no seguinte enderezo electrónico:
pat.filoloxia@udc.gal).

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes