Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Historia do Español
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A5 A9 A11 A15 A18 A22 B1 B3 B5 B6 B7 C1 C6 Realizarase un traballo práctico, sempre baixo a tutela do profesor. 25
Proba mixta A3 A5 A9 A11 A15 A18 A21 A22 B5 B6 B7 C1 C6 Realizarase unha proba mixta de carácter teórico-práctico na que se avaliarán os coñecementos adquiridos e a súa capacidade para expoñelos. 60
Obradoiro A11 A15 A18 A21 A22 B1 B7 Tempo reservado especialmente á realización de prácticas de análise filolóxica e ao coñecemento de ferramentas útiles na nosa disciplina 15
 
Observacións avaliación

Os diversos traballos e actividades deben ofrecer un axeitado nivel de corrección lingüística, tanto no plano da ortografía como no da redacción (utilización dun rexistro formal, claridade expositiva, emprego correcto da puntuación...). 

Calificaráse con "Non presentado" aos alumnos que non realicen a proba mixta. 

Na proba mixta debe acadarse unha nota mínima de 4 para superar a materia.

Na convocatoria de xullo realizaráse unha proba mixta, que contará o 60%. O 40% restante recaerá no traballo tutelado, que será individual e nas actividades e participación nas aulas do alumnado.

Calquera falta de honradez académica (plaxio, é dicir, utilización de textos ou ideas doutros autores sin indicar a procedencia, copiar traballos, copiar nos exames, ou outras formas) se penalizará acordo con o indicado na normativa académica. Lémbrese que o profesorado dispón da ferramenta "Turnitin" para a detección do plaxio.

A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade consonte ás indicacións da Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/), coa que se deberá contactar nos prazos establecidos por esta unidade. Pódese contar tamén co asesoramento da titora ADI da facultade (pat.filoloxia@udc.gal).

 

Alumnos con dispensa académica de exención de asistencia

Estes alumnos avaliáranse mediante a proba mixta (60%)  mais un trabalho tutelado individual (40%), tanto na primeira oportunidade coma na segunda.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes