Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Introdución á Investigación sobre Lingua e Literatura Española
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro A1 A2 A3 A5 A9 A11 A14 A15 A16 A17 B1 B2 B3 B5 B6 B7 B8 B9 C3 C4 C6 C8 CRITERIOS PARA LITERATURA:
O estudantado levará a cabo os seguintes exercicios prácticos:
1. Reflexións críticas sobre temas pertinentes á lectura.
2. Análisis de textos e contextos: interpretación crítica de diversas lecturas obxeto de estudio.
Valorarase a capacidade de comprensión, a orixinalidade do plantexamento crítico, o rigor do análisis, a claridade da exposición e o dominio do idioma castelá.

Para LINGUA:
1. Exercicios prácticos de análise textual, lectura, anotación e recensión bibliográfica.
2. Breves presentacións e comentarios orais relacionados cos contidos da materia e das lecturas da mesma.
3. Uso de ferramentas TIC para a xestión da investigación.
50
Traballos tutelados A1 A2 A3 A5 A9 A11 A14 A15 A16 A19 B1 B2 B3 B5 B6 B7 B9 C3 C4 C6 C8 O alumnado fará dous traballos tutelados (un da parte de Lingua e outro de Literatura), que deberán ser entregados ao profesor/a (vía Moodle) o día do examen final sinalado para esta asignatura. As instrucións serán oportunamente explicadas e expostas polas docentes na aula e a través do Campus Virtual. Avaliarase a orixinalidade, correcta estructuración de contidos, corrección expositiva, calidade e profundidade da análise así coma a súa correcta presentación e logro dos obxetivos propostos. Valorarase a capacidade de relación co visto nas clases. 50
 
Observacións avaliación

1. En todas as actividades escritas (traballos, exercicios, comentarios...), será valorado o uso correcto e apropiado da lingua española, especialmente para fins académicos.

 

2. Non se admitirá ningún traballo nen tarefa entregada fóra de prazo.

 

3. Calquera falta de honradez académica (plaxio, utilización de textos ou ideas dotros autores sen indicar a procedencia, copia en exercicios ou traballos, ou outras variabeis destas características) será penalizada coa anulación total da actividade de que se trate e a penalización correspondente en virtude da normativa vixente.

 

4. Obterá a calificación de NP (non presentado) o alumnado que non entregue o traballo tutelado, aínda que teña realizado as restantes actividades. Será preciso obter un mínimo de 4 puntos (sobre 10) en cada unha das metodoloxías de avaliación para poder superar a materia.

 

5. O alumnado que teña que superar a materia en segunda oportunidade recuperará tan só as actividades que tivese suspensas. Nese caso, o profesorado facilitará as indicacións oportunas a propósito das características do trabajo ou entrega de exercicios por medio da plataforma Moodle, indicando as datas e procedimentos de entrega, para que o alumnado poida organizar con tempo suficiente as tarefas para a segunda oportunidade.

6. A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade consonte ás indicacións da Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/), coa que se deberá contactar nos prazos establecidos por esta unidade. Pódese contar tamén co asesoramento da titora ADI da facultade (pat.filoloxia@udc.gal).

 

7. O nivel mínimo de competencia lingüística recomendado para cursar esta materia, no caso do estudantado Erasmus e de convenios internacionais, é un B2 de acordo co Marco Europeo para o Ensino e Aprendizaxe de Linguas.

 

8. Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación
para a docencia universitaria incorpórase a perspectiva de xénero nesta
materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as
de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...).

 

Alumnado con dispensa académica de exención de asistencia

 

Os procedimentos e porcentaxes de avaliación serán os mesmos que para o alumnado restante. O profesorado porá a disposición deste estudantado tanto as instrucións para a realización como os procedimentos de entrega a través do Campus Virtual. 

 

As titorías concertaranse por correo electrónico e terán lugar en horario apropiado tanto para o estudantado como para o profesorado.

 

 

Oportunidade extraordinaria de decembro

 

O estudantado en disposición de optar a examinarse da materia na convocatoria extraordinaria en decembro será avaliado a través da realización dun exame que suporá o 100% da calificación. 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes