Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Cuestións de Historia da Lingua Española
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro A5 A9 A10 A11 A15 A21 A22 B1 B2 B3 B5 B6 B7 B8 B10 C1 C3 C6 C7 C8 Exercicios que se desenvolverán tanto na aula como fóra dela. 20
Proba mixta A3 A5 A9 A10 A11 A13 A15 B5 B6 B7 B10 C1 Realizarase unha proba mixta de carácter teórico-práctico na que se avaliarán os coñecementos adquiridos polo alumno e a súa capacidade para expoñelos. 50
Traballos tutelados A3 A5 A9 A10 A11 A15 A18 A19 A20 A21 A22 A23 B1 B2 B3 B5 B6 B7 B10 C1 C3 C6 C7 C8 Ao longo do período docente o alumno haberá de realizar un traballo tutelado, que se valorará tomando en consideración, de xeito especial, o rigor na súa realización, a probiade científica e a correcta expresión e presentación. 30
 
Observacións avaliación

Na avaluación desta materia tomaránse en consideración: actividades do obradoiro (20% da cualificación), traballo tutelado (30%) e proba mixta (50%).
Os traballos ou actividades enviaránse por correo electrónico, nos prazos fixados, desde o enderezo que a UDC proporciona a cada estudante; o estudante comprométese a gardar unha copia de cada traballo, en previsión de problemas na recepción.
Para superar a materia, debe acadarse unha calificación mínima na proba mixta de 4 puntos sobre 10.
Todas as actividades e probas deberán cumprir unhas esixencias mínimas de corrección lingüística (ortografía, puntuación, coherencia...); no caso de producirse deficiencias deste tipo, serán penalizadas na cualificación.
O plaxio (a apropiación de textos ou ideas de outros autores sen indicar a súa procedencia), mesmo parcial, ou calquera outra falta á ética académica (v. g. a copia na proba mixta), suporá unha avaliación negativa.
As persoas matriculadas a tempo parcial e que obtiveran dispensa académica deberán ponerse en contacto co profesor para fixar as probas e os traballos que deberán entregar, similares aos que se requiren aos alumnos sen dispensa y que conformarán a súa cualificación, xunto co resultado da proba mixta.
A cualificación de "Non presentado" será asignada cando o alumno non asista á proba mixta e/ou cando teña realizado un número de actividades inferior ao 50% das contempradas ao longo do curso.
As persoas que non superen a materia deberán entregar, na data marcada pola Facultade de Filoloxía para a segunda oportunidade, os exercicios do obradoiro solicitados polo profesor (20% da cualificación) e o traballo tutelado (30%), así como superar a proba mixta (50% da cualificación). Será calificado como "Non presentado" quen non se presente á proba mixta no día sinalado e/ou non entregue os traballos solicitados. Estas mesmas condicións serán aplicadas na convocatoria adiantada de decembro.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes