Teaching GuideTerm
Faculty of Philology
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Subjects
  Latin Literature
   Methodologies
Methodologies Description
Document analysis Os diversos exercicios de análise e comentario de textos faranse en sesións presenciais de carácter práctico. Utilizaránse con preferencia textos acompañados de traducción, excepto naqueles casos en que unha explicación pormenorizada requira referirse á obra na súa lingua orixinal. Neses casos a explicación, sempre dunha pasaxe de extensión limitada, farase sobre o texto orixinal. Valorarase a asistencia e a participación activa de cada estudante no desenvolvemento das actividades na aula.
Objective test Proba escrita individual, que se efectuará a final de curso a propósito dos diversos contidos desenvolvidos tanto nas sesións maxistrais como nas sesións de carácter práctico. Valorarase sobre todo a capacidade crítica, a capacidade de extraer información a partir dos textos dos autores, a de relacionar uns autores con outros e a claridade dos conceptos.
Supervised projects O estudante elaborará polo menos un traballo de individual coa orientación e a asistencia do profesor. Este traballo será exposto e discutido públicamente na aula. Terase en conta o rigor da análise e a capacidade de síntese, a orixinalidade do enfoque, así como a corrección da expresión escrita e a eficacia da exposición oral. A presentación deste traballo ten carácter obrigatorio para poder superar a materia.
Workbook O estudante fará as lecturas obrigatorias que se lle propoñan e dará conta dos resultados a través de comentarios orais nas sesións prácticas, no propio traballo tutelado ou na resolución da proba obxectiva.
Guest lecture / keynote speech Sesións expositivas de carácter oral por parte do profesor sobre os diferentes contidos do temario. O profesor completará estas exposicións con guións, resumos e indicacións bibliográficas entregados na clase e/ou enviados a través da plataforma Moddle
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes