Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Lecturas de Literatura Española. Poesía
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro A1 A2 A5 A11 A15 A16 A17 B1 B5 B6 B7 B8 B9 B10 C4 C5 C6 C7 C8 Algunhas das actividades realizadas no obradoiro serán entregadas para a súa avaliación; nalgún caso, o alumno debe, ademáis, realizar algunha leitura ou exercicio previo na casa. Teráse en conta a expresión. 20
Traballos tutelados A1 A2 A5 A10 A11 A15 A16 A17 B1 B5 B6 B7 B8 B9 B10 C4 C6 C7 C8 O alumno deberá elaborar un estudo dalgún aspecto vencellado coa materia a partir da análise de textos. Compre que dea conta do seu plantexamento, para o cal presentará, na primeira fase, un esquema; máis tarde debe presentar os seus avances. Valoraráse a profundidade da análise e a capacidade crítica, así como a aportación persoal e a orixinalidade. A expresión debe corresponder ao nivel da titulación. O traballo terá una extensión mínima de 10 e máxima de 15 páxinas. 60
Presentación oral A1 A5 A11 A17 B1 B10 C4 C6 C8 O alumno deberá facer unha presentación oral do traballo tutelado co fin de probar a súa capacidade de síntese. Valorarase a reflexión, o espíritu crítico e a expresión, que terá que corresponder co nível da titulación e estar en consonancia coa do traballo. A duración da presentación será de entre 10 e 15 minutos. 20
 
Observacións avaliación

Para superar a materia, o alumnado deberá acadar unha calificación igual ou superior a 5 puntos no conxunto de actividades que compoñen a avaliación. Faráse a media entre as distintas partes cando o estudante acade un 4  sobre 10 no traballo tutelado.

Aceptaránse únicamente as actividades e traballos realizados e entregados nas datas previstas, seguindo as normas que se precisarán en cada caso.

Dase por suposta a asistencia á clase, que é obrigatoria. Aquel estudante que conte con dispensa de asistencia recoñecida será avaliado mediante un comentario literario de un texto poético (40%) e o traballo tutelado (60%); debe contactar coa docente ao inicio do curso para establecer con precisión o mecanismo de seguemento da súa actividade. A data de entrega dos execicios será o mesmo día fixado pola Facultade para o exame oficial da primeira ou da segunda oportunidade. 

O sistema de avaliación será o mesmo para as personas que participen na convocatoria de decembro.

Na 2.ª oportunidade o alumnado será avaliado cos mesmos criterios que na oportunidade anterior, ainda que con certa variación sobre as porcentaxes, xa que no se poderán ter en conta as actividades de carácter presencial (obradoiro). Así, a valoración estará composta polo 60% do traballo tutelado e o 40% do comentario literario dun texto poético. Só se repetirá o exercicio suspenso.

Consideraráse como “non presentado” o alumno que non entregue o traballo tutelado.

A expresión do estudante nas distintas probas, exercicios e actividades levadas a cabo debe ser a que corresponde ao nivel da titulación (tomarase en conta, xa que logo, a corrección ortográfica e gramatical, mais tamén a capacidade de estruturar as ideas e elaborar a exposición). No caso de que a expresión dos exercicios e traballos realizados fora da aula non garde relación coa das probas e exercicios que o estudante realiza na aula baixo o control dos profesores, para avaliar a expresión tomaránse como referencia os escritos que aquel elaborou sen axuda externa.

Calquera falta de honradez académica (plaxio, é dicir, utilización de textos ou ideas doutros autores sin indicar a procedencia, copiar traballos, copiar nos exames, ou outras formas) se penalizará acordo con o indicado na normativa académica con un suspenso (nota numérica 0) para o conxunto da materia na convocatoria que lle corresponda (Regulamento disciplinar do estudantado, art. 11,
apartado 4b). Cumpre sinalar que a Xunta de Facultade aprobou o uso da aplicación "Turnitin" por parte do profesorado, ferramenta que permite detectar o plaxio. Pode reconocer traballos presentados nesta ou noutras universidades, asi como porcións de textos procedentes doutros textos e sinalar a sua procedencia.

A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade. De ser o caso, deberán contactar cos servizos disponíbeis na UDC/no Centro: nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuatrimestre académico, coa Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/); no seu defecto, coa Titora ADI da Facultade de Filoloxía (no seguinte enderezo electrónico: pat.filoloxia@udc.gal).

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes