Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Análise Lingüística de Textos Españois
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro A1 A2 A5 A10 A11 A15 A16 B1 B5 B7 B10 Ao longo do cuadrimestre realizaranse análises e comentarios de diversos textos. Evaluaranse catro (dous sincrónicos e dous diacrónicos) dos realizados dentro ou fóra da aula. Avisarase con antelación da data da corrección en clase ou de entrega. 60
Proba práctica A5 A15 B7 Na data sinalada no calendario oficial de exames da facultade (o día 4 de xuño ás 18:30 h) terá lugar unha proba práctica na que os alumnos realizarán dous comentarios de texto (un sincrónico e outro diacrónico) aplicando os procedementos utilizados a longo da materia. 40
 
Observacións avaliación

Os alumnos que superen a materia na primeira oportunidade e asistiran asiduamente ás aulas (sen ningunha falta de asistencia) obterán un punto extra na cualificación final.

En tódalas actividades escritas, valorarase o uso correcto e adecuado da lingua española. Penalizaranse as faltas de ortografía, as de puntuación e a redacción deficiente. Dependendo da gravidade da falta, por cada unha se descontará da nota entre 0,5 puntos e 1 punto. A penalización será menor no caso dos alumnos Erasmus ou de outros programas de intercambio.

A cualificación obtida na proba mixta ou exame ten que ser como mínimo un 4 (sobre 10) para poder aprobar a materia, tanto na primeira oportunidade como na segunda. Se na primeira oportunidade a materia está suspensa e a nota do exame foi inferior a 5, na segunda oportunidade hai que facer o exame de novo.

As actividades entregadas fóra do prazo estabelecido penalizaranse un 50% da nota.

Calquera falta de honradez académica (plaxio, é dicir, utilización de textos ou ideas doutros autores sen indicar a procedencia, copiar en exames, copiar traballos, ou outras formas) penalizarase coa anulación total da actividade de que se trate.

Obterán a cualificación de NP (no presentado) os alumnos que non se presenten ao exame, aínda que realizaran o resto das actividades.

A materia poderá ser adaptada a estudantes con necesidades especiais.

Os alumnos que teñan que superar a materia na segunda oportunidade recuperarán as actividades que teñan suspensas coas mesmas porcentaxes (comentarios sincrónicos ou diacrónicos en conxunto e/ou proba práctica). A proba será o día 14 de xullo ás 18: 30 h. Para recuperar os comentarios as profesoras propoñerán novos textos e se entregarán a través de Moodle antes do 8 de xullo.

Na convocatoria adiantada de decembro (finalización de estudos) a avaliación farase cun exame teórico-práctico.

Recoméndase un nivel B2 ou superior para seguir a materia con éxito.


Alumnos con dispensa académica de exención de asistencia

Os procedementos e as porcentaxes de avaliación serán as mesmas que para o resto dos alumnos, nas dúas oportunidades.

Os comentarios entregaranse en tódolos casos a través de Moodle, onde haberá un apartado especial para estes alumnos.

As titorías concertaranse por correo electrónico e se realizarán en horas adecuadas tanto para o alumno como para as profesoras.

Estes alumnos deben estar especialmente pendentes da comunicación a través de Moodle e do correo electrónico.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes