Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Literatura e Cultura
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A1 A2 A3 A7 A11 B3 B5 B8 C1 C6 Valoraráse a asistencia ás clases, tanto nas sesións expositivas como nos talleres. 5
Presentación oral A15 B2 B4 B5 B6 B8 C1 C3 C6 Presentarase na aula o resultado do traballo realizado, explicando o proceso de realización e os aspectos relevantes. A idoneidade, coherencia e valor académico do traballo proposto serán tidos en conta na súa cualificación 20
Traballos tutelados A23 A22 A21 A20 A19 A18 A17 A16 A15 A14 A11 A7 A3 A2 A1 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B9 B10 C1 C3 C6 C8 Valorarase a elaboración continuada do traballo, a comunicación ao docente das dificultades e avances ao longo do proceso, o uso de axeitadas fontes de documentación e o tratamento coherente da información. 25
Proba mixta A1 A2 A3 A7 A11 A15 A17 A18 A19 B1 B2 B3 B4 B6 B7 C1 O día señalado no calendario oficial da facultade, os alumnos realizarán un examen no que demostrarán os coñecementos teórico-prácticos adquiridos 50
 
Observacións avaliación

Na aula, ao comezo do curso, especificarase os pormenores da realización do traballo tutelado. A presentación oral dese traballo (duración e ferramentas empregadas) axustarase ao número de alumnos na materia. Os plaxios serán detectados coa aplicación informática que a UDC pon a disposición dos docentes e os traballos nos que o alumno plaxie serán penalizados cun 0,00.

Na primeira oportunidade realizarase unha proba mixta ou exame teórico (a finais do cuadrimestre correspondente), cuxa cualificación se sumará á do traballo tutelado. Para obter a nota media entre a proba mixta e o traballo, o estudante deberá obter na primeira unha nota non inferior a 4. Será considerado NP o alumno que non se presente á chamada "proba mixta". 

Na segunda oportunidade, a proba mixta será máis extensa e constará dunha parte teórica e outra práctica.

As probas escritas e os traballos deben realizarse con corrección lingüística: o docente baixará a nota  por erros de acentuación, ortografía, puntuación ou concordancia sintáctica. Ou por redundancias excesivas, falta de precisión ou pobreza léxica, uso de abreviaturas ou utilización dun rexistro non formal. 

Repetidores ou alumnos con exención de asistencia, por razóns laborais ou doutra índole, deberán poñerse en contacto co  docente ao inicio do curso -e non máis tarde- para a organización da súa docencia. No relativo ás prácticas, estas poderán seguir o ritmo de entrega que se estableza para todo alumnado, ou, de ser imposible o seu seguimento, confeccionarase un calendario de entrega adaptado ás necesidades do estudante en concreto. Tamén se programarán titorías presenciais e non presencias para cursar satisfactoriamente a materia.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes