Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Lingua Inglesa 1
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A6 A9 A15 B1 B3 B6 C2 No exame oficial de xaneiro todo o alumnado deberá realizar unha proba mixta coas seguintes partes: gramática e vocabulario (20%) , comprensión auditiva (10%), comprensión lectora (15%), expresión escrita (15%). 60
Presentación oral A6 A9 A15 B3 B5 B4 Todo o alumnado deberá realizar unha presentación oral nas aulas prácticas da profesora lectora sobre un tema que se indicará ao principio do curso. O alumnado deberá tamén responder preguntas da profesora e do resto de estudantes. 10
Portafolios do alumno A6 A9 A15 B3 B6 No portafolios avaliaremos un glosario (10%) e algunhas tarefas de práctica realizadas ao longo do curso (10%). 20
Traballos tutelados A6 B3 B5 B6 C2 O "project" suporá un 10 por cento da nota final. Avaliarase a súa exposición oral gravada e a parte escrita así como o traballo realizado polo grupo ao longo do cuadrimestre. 10
 
Observacións avaliación

IMPORTANTE: 

Para superar a materia, a suma do exame final, o traballo tutelado, a presentación oral e o portafolios deberá ser 5 sobre 10, tendo en conta que a cualificación mínima do exame final e da presentación oral non poderá ser inferior a 4, aínda que a nota media total sexa 5 ou máis

Calquera falta de honradez académica (plaxio, copiar en exames, utilización indebida de IA, etc.) penalizarase coa cualificación de 0 (Suspenso) na convocatoria (1ª e 2ª oportunidades), de acordo co establecido no artigo 11, 4b do "Regulamento disciplinar do estudantado da UDC". Para detectar o plaxio poderá usarse a aplicación Turnitin, que recoñece traballos previamente presentados nesta ou noutras universidades, incluso do mesmo estudante.

Aplicarase unha penalización do 25% sobre a cualificación final de traballos e actividades se estes son entregados fóra de prazo sen causa xustificada (máximo retraso: 5 días).

Os/as alumnos/as que non se presenten o día das probas obxectivas de xaneiro ou xullo acadarán a cualificación de NP, se non presentaron o traballo tutelado, o portafolios ou a exposición oral.

As posibles tarefas de "extra-credit" que o alumnado realice ao longo do cuadrimestre poderán supoñer ata un 5% extra na nota final. Isto inclúe traballos voluntarios, lecturas alternativas ou calquera outra actividade proposta polo profesorado, ou proposta polo alumnado e aceptada polo profesorado.

AVALIACIÓN XULLO:

 Os/as estudantes que non teñan acadado un 4 en cada un dos bloques especificados arriba (aínda que a nota media sexa superior a 5) terán que ir á oportunidade de xullo, na que poderán recuperar as partes suspensas segundo a seguinte distribución de porcentaxes: proba mixta (60%), entrevista oral coa profesora para recuperar a presentación oral (10%), traballo tutelado (10%), actividades prácticas variadas para recuperar a parte de portafolio (20%). Daranse instrucións detalladas sobre estas actividades ao finalizar o segundo cuadrimestre.

O alumnado que se presente á convocatoria adiantada de DECEMBRO avaliaranse segundo as normas especificadas para a oportunidade de xullo.

Alumnado con dispensa: O alumnado matriculado a tempo parcial e que teña concedida unha dispensa académica, tal e como establece a Normativa desta universidade, poderá ser avaliado en calquera das dúas oportunidades seguindo os mesmos criterios da segunda oportunidade de xullo. 

Atención á diversidade: A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar cos servizos disponíbeis naUDC/no Centro: nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuatrimestre académico, co a Unidade de Atención á Diversidade ( https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/ ); no seu defecto, coa Titora ADI da Facultade de Filoloxía (no seguinte enderezo electrónico: pat.filoloxia@udc.gal ).

Igualdade de xénero: Nesta materia usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores y de autoras e propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas por igual. Do mesmo xeito, procurarase identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas así como fomentar valores de respecto e igualdade. No caso de detectarse situacións de discriminación por razón de xénero, proporanse accións e medidas para corrixilas. 

 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes