Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Lingüística Xeral
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Lecturas As lecturas proporcionaranlle ao estudante a maior parte dos contidos do curso, e deberá facer unha ou varias por cada tema. O/a estudante deberá presentar na aula as dúbidas que lle xurdan: o profesor/a tentará resolvelas ben directamente, ben utilizándoas como base para actividades de estudo de caso, seminario, discusión dirixida, solución de problemas... que leven á súa aclaración.
Ademais, o profesor/a poderá entregarlles aos alumnos/as (individual ou colectivamente) lecturas complementarias de extensión variable, así como suxestións para a ampliación voluntaria de contidos.
Obradoiro Denominamos así a combinación coordinada de varias metodoloxías das aquí recollidas cun obxectivo común a respecto dun tema ou cuestión: minidebates; textos complementarios; actividades prácticas en grupo; análise contrastiva de propostas de diferentes autores ou momentos históricos; traballo individualizado ou grupal sobre un tema proposto polo profesor/a ou polos/as estudantes; ou outros tipos de actividades formativas que poidan verse oportunas. Isto farase de forma secuencial e combinada, co propósito único de adquirir determinados contidos e desenvolver certas competencias.
Proba mixta O alumnado realizará unha proba mixta final de tipo teórico e aplicado nas datas oficiais establecidas (xaneiro e xullo). Durante o curso realizarase unha proba mixta parcial liberatoria de contido para a proba mixta final. Na proba mixta final o alumnado examinarase dos contidos non superados ou non examinados.
Sesión maxistral Haberá unha sesión maxistral de 120 minutos cada semana. Dependendo do tema e/ou do docente, consistirá na exposición por parte deste dunha selección de contidos, ben por iniciativa propia ou a proposta dos estudantes, sexa para aclarar dúbidas sobre contidos recollidos nas lecturas, sexa para corrixilos ou para tratar outros novos.
Traballos tutelados Os alumnos/as deberán realizar algunhas actividades prácticas ou de busca de información seguindo instrucións específicas do profesor/a e: cando este o determinar, controlarase o seu traballo en certas etapas (planificación inicial, estratexia de traballo...). O obxectivo é que o/a estudante desenvolva dinámicas e prácticas de traballo axeitadas e/ou propias do ámbito de coñecemento lingüístico.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes