Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Lingüística Xeral
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A1 A2 A3 A4 A5 A6 A9 A10 A11 A14 A15 A29 B1 B3 B4 B5 B6 B7 B10 C1 C2 C4 C8 Proba escrita que o/a estudante realizará ao rematar o cuadrimestre, nas datas oficiais marcadas polo centro. 50
Obradoiro A1 A2 A3 A4 A5 A9 A10 A11 A14 A15 A29 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B10 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Comprende toda a actividade ordinaria do estudante desenvolvida na aula e fóra dela. Porcentaxe non real: lea as observacións; avalíase no apartado de "Asistencia, participación e desempeño" do estudante ao longo do curso. 5
Traballos tutelados A1 A2 A4 A5 A6 A9 A10 A11 A14 A15 A29 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Cada estudante deberá realizar dúas ou tres actividades avaliables ao longo do curso. 40
Sesión maxistral A1 A2 A3 A4 A5 A10 A11 A14 A15 A29 B3 B4 B5 B7 B8 B9 B10 C1 C3 C4 C6 C7 C8 Comprende a actividade ordinaria do estudante durante as sesións maxistrais e a actividade preparatoria previa. Porcentaxe non real: lea as observacións; avalíase no apartado de "Asistencia, participación e desempeño". 5
 
Observacións avaliación

1. A CUALIFICACIÓN FINAL DA 1.ª OPORTUNIDADE (xaneiro
2024) responderá ao seguinte reparto porcentual:

1.1. Un 50% obterase
pola PROBA MIXTA ESCRITA. Celebrarase unha proba mixta escrita (exame) no mes
de xaneiro, na data oficial de exame da materia: é imprescindible acadar unha
cualificación mínima de 4.00 puntos nesta proba para superar a materia. Durante o
curso celebrarase unha proba parcial eliminatoria de contido: está prevista entre
o 10 e o 30 de novembro, e quen obteña un mínimo de 4.00 puntos non deberá
examinarse deses contidos na proba final oficial do mes de xaneiro.

1.2. Un 40% obterase da
realización de DÚAS OU TRES ACTIVIDADES —individuais ou grupais, presenciais ou
non— ao longo do curso. As actividades deben entregarse no momento, na forma e
no soporte fixados polo profesor/a.

1.3. Un 10% responderá á
ASISTENCIA, PARTICIPACIÓN E DESEMPEÑO do estudante ao longo do curso.

1.4.a. Os/as estudantes que teñen unha dispensa académica oficial (DAO) recibirán un 50% da súa cualificación pola realización
da PROBA MIXTA ESCRITA, e outro 50% pola realización das dúas ou tres
ACTIVIDADES avaliables.

1.4.b. Os/as estudantes repetidores/as recibirán por defecto un 50% da súa cualificación pola realización
da PROBA MIXTA ESCRITA, e outro 50% pola realización das dúas ou tres
ACTIVIDADES avaliables. Se desexan que se lles computen a asistencia
e a participación (asistirán regularmente ás aulas) e acollerse ao reparto do estudantado de primeira matrícula (50%+40%+10%),
deben comunicalo ao profesor/a coordinador da materia na primeira quincena do curso. Nese
inicio de curso quedará
tamén establecido en que grupo se encadra cada alumno/a
repetidor.

1.5. A materia
poderá ser adaptada ao alumnado que precise da adopción de medidas de
apoio á diversidade, consonte ás indicacións da Unidade de Atención á
Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/),
coa que se deberá contactar nos prazos establecidos por esta unidade.
Pódese contar tamén co asesoramento da titora ADI da facultade (pat.filoloxia@udc.gal). En todo caso, quen solicitou que se lle recoñeza a
condición de estudante con adaptación e aínda non se lle comunicou a decisión,
debe informar ao coordinador da materia (manuel.fernandez.ferreiro@udc.gal).

1.6. Superará a materia quen obteña unha cualificación
media mínima global de 5.00, logre un mínimo de 4.00 puntos na parte da proba
mixta escrita, e entregue polo menos dúas actividades avaliables.

2. SEGUNDA OPORTUNIDADE DE XULLO (xullo 2024):

2.1. Consérvanse as
cualificacións das probas e actividades superadas na 1.ª oportunidade.

2.2. Quen deba realizar
o exame (proba mixta escrita), farao no día oficial (véxanse as datas
definitivas na web ou no taboleiro oficial da Facultade). Examinarase
obrigadamente dos contidos parciais nos que non acadara un 4.00.

2.3. Realizaranse a/s
actividade/s nas que non acadara un 5.00 (poden ser diferentes das realizadas
en xaneiro). Estarán dispoñibles en Moodle ao rematar o período de exames do
segundo cuadrimestre.

2.4. Aos estudantes que
non superen a materia en xaneiro e teñan unha puntuación inferior a 5.00 puntos
no apartado de asistencia e participación, cualificaráselles co seguinte
reparto porcentual en xullo: (a) proba mixta escrita, 50%; (b) actividades ou
tarefas avaliables, 50%.

3. OPORTUNIDADE DE AVALIACIÓN ADIANTADA (decembro 2023)

3.1. Poden presentarse a
esta oportunidade só estudantes cuns poucos créditos pendentes para rematar a
titulación. Consúltese a documentación pertinente na web
da UDC.

3.2. Realizarase a avaliación
exclusivamente mediante unha PROBA MIXTA ESCRITA de carácter teórico-práctico,
pola que se outorgará o 100% da cualificación.

4. CUALIFICACIÓN DE NON
PRESENTADO.
Recibirán
cualificación de Non Presentado (N.P.) aquelas persoas que: (a) non se
presenten a ningunha das probas mixtas escritas oficiais (ou os seus parciais)
e que, ademais, (b) entreguen menos de dúas actividades avaliables.

________________________________________

NOTA. A fraude académica é absolutamente inaceptable. O profesor/a poderá utilizar ferramentas de busca e
anticopia (entre elas Turnitin) para detectar plaxios nos materiais que
desenvolvan os/as estudantes durante o curso. De atopárense coincidencias que
exceden o razoable, terá consecuencias na súa cualificación: desde a minoración
da cualificación ou o suspenso no traballo específico, ata a cualificación global de
suspenso na materia. Lémbrase a este respecto que o Regulamento disciplinar do estudantado da UDC recolle que a fraude
académica é unha falta grave ou moi grave, e establece as sancións para estes
casos: véxanse, entre outros, os artigos 10.3.f e 11.4.b (https://sede.udc.gal/services/electronic_board/EXP2023/007335).


Lémbrase que o mesmo Regulamento prohibe
a gravación, uso e distribución indebidos dos materiais utilizados nas materias:
non se poderán gravar ou distribuír por medio algún os materiais escritos e audiovisuais
utilizados na materia, con propósitos alleos aos propios dela.


A expresión escrita e a oral serán sempre axeitadas. A falta de corrección
ortográfica, de estilo e/ou de adecuación expositiva reflectirase negativamente
nas cualificacións.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes