Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Introdución aos Estudos Literarios
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Análise de fontes documentais Procuraranse documentos diversos, baixo a orientación dos docentes
Sesión maxistral Sesións de exposición oral por parte do profesor ou profesora, que se esforzarán en transmitir contidos relevantes, aclarando dúbidas xurdidas. É a parte máis importante na transmisión de coñecementos.
Resumo Acompaña a elaboración de esquemas.
Aprendizaxe colaborativa Uso de ferramentas de documentación e debate para solucionar problemas e atopar resultados en común
Presentación oral Os estudantes comunicarán na aula, individualmente ou en grupo, as súas creacións, análises ou comentarios.
Obradoiro Traballo na aula nas actividades diversas que se indican na “Planificación”, conducentes á realización de creacións ou comentarios de texto. O primeiro día de clase, os docentes indicarán, en cada caso, se van encargar a realización dun “videopoema” ou se van pedir a elaboración dun traballo de comentario dun libro (neste segundo caso, nas “Fontes documentais” da guía docente figuran, tras a bibliografía, unha serie de títulos a modo de exemplo, dos que se fará unha selección para que o alumnado poida escoller).
Tamén se comunicarán o primeiro día do curso as orientacións para facer a práctica do obradorio e as datas para a súa entrega.
Esquemas Práctica para a constatación dunha boa lectura de documentos.
Recensión bilbiográfica Práctica de recensión, seguindo as pautas dadas polos docentes
Lecturas É a metodoloxía fundamental para iniciarse no estudo da literatura: haberá lecturas teóricas e lecturas de obras literarias.
Proba mixta Trátase dunha proba escrita que poderá constar tanto de respostas de certa extensión, ben argumentadas, ou de respostas breves e de tipo test. Na primeira convocatoria referirase á parte teórica da materia. Na segunda convocatoria, incluirá tamén exercicios prácticos para os que non superen as prácticas de aula.
Prácticas a través de TIC A investigación literaria debe moito ás TIC, imprescindibles para acopio de datos e relación de fenómenos.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes