Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Introdución aos Estudos Literarios
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A1 A2 A3 A5 A7 A14 Cualificación do exame
60
Obradoiro A1 A2 A7 A9 A11 A14 B3 B4 C5 C6 Cualificación das prácticas 40
 
Observacións avaliación

1) Na 1º oportunidade realizarase unha proba mixta, cuxa nota se unirá á obtida nos traballos prácticos levados a cabo polo estudante (deberá obterse unha nota mínima de 4 na proba mixta para poder facer a media coa parte práctica). Nesta 1º oportunidade, será considerado NP o alumno que non se presente á proba mixta, aínda que teña realizado os traballos prácticos. 

2) Na segunda oportunidade, os estudantes que non se presentaron ou non aprobaron a primeira oportunidade, terán que pasar por un exame do que sairá a nota final. Ese exame terá unha parte teórica e unha parte práctica que en ningún caso suporá para os estudantes un esforzo inferior ao requirido na elaboración das prácticas de obradorio do curso. 

3) O/a estudante que se presente á convocatoria adiantada (en decembro) deberá axustarse ás normas que rexen para a 2º oportunidade (a de xullo). 

4) Ao alumnado repetidor, facilitaráselle a realización de actividades. 

5) O alumnado con exención de asistencia, por razóns laborais ou doutra índole, deberá poñerse en contacto co  docente ao inicio do curso -e non máis tarde- para a organización da súa docencia. Programaranse titorías presenciais e non presencias para cursar satisfactoriamente a materia.

6) As probas escritas e os traballos deben realizarse con corrección lingüística: o docente baixará a nota  por erros de acentuación, ortografía, puntuación ou concordancia sintáctica. Ou por redundancias excesivas, falta de precisión ou pobreza léxica, uso de abreviaturas ou utilización dun rexistro non formal.

Calquera falta de honradez académica (plaxio -detectado, entre outras vías, polo recurso TURNITIN achegado pola UDC-, copiar en exames, etc.) penalizarase de acordo co establecido nas "Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario" (artículo 14).

7) A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade consonte ás indicacións da Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/), coa que se deberá contactar nos prazos establecidos por esta unidade. Pódese contar tamén co asesoramento da titora ADI da facultade (pat.filoloxia@udc.gal).

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes