Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Lingua e Cultura Clásica
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición por parte do profesor de contidos relativos a cada un dos temas e subtemas co apoio de documentación adicional en formato impreso ou dixital.
Lecturas Lectura por conta do/a estudante dun dossier de textos de carácter literario e/ou académico que lle será proporcionado polo profesor. Estes textos serán o material sobre o que se programarán actividades prácticas avaliábeis que consistirán en recensións e/ou controis de lectura de carácter individual, presentados por escrito.
Solución de problemas Exercicios prácticos de análise lingüística (fonética, morfosintáctica etc) ou ben de comentario literario de textos, que se elaborarán durante as sesións interactivas. O alumnado que goce de dispensa académica traballará de xeito autónomo e presentará os exercicios a través do campus virtual
Proba obxectiva Proba 1 de carácter teórico-práctico, sobre cuestións de fonética, gramática e historia da lingua latina
Proba 2, sobre cuestións de literatura latina (en forma de test)
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes