Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Lingua e Cultura Clásica
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Solución de problemas A1 A2 A11 A14 B1 B2 C1 O alumnado resolverá tres exercicios prácticos de análise lingüística (fonética, morfolóxica e sintáctica) durante as sesións interactivas. Os/as estudantes con dispensa académica presentarán estes exercicios a través do campus virtual.
O valor total desta metodoloxía a efectos de avaliación será o 25% da cualificación global, á que se sumará un 10% reservado para a asistencia e participación activas nas aulas expositivas e interactivas (ponderada por medio dun control de asistencia diario).
35
Lecturas A13 B3 B6 B7 B8 C3 O/a estudante dará conta das lecturas obrigatorias que consten no programa, tanto as realizadas durante as sesións interactivas como as efectuadas por conta propia, mediante un control de lectura que se efectuará a final de curso. 15
Proba obxectiva A2 A13 C1 C6 O estudante efectuará dúas probas de carácter teórico práctico a final de curso, unha sobre cuestións de lingua, e outra sobre cuestións de literatura. 50
 
Observacións avaliación

a) De non realizar as probas obxectivas previstas o/a estudante será cualificado como Non Presentado.

b) Para superar a materia en calquera das dúas oportunidades, o/a estudante deberá obter unha cualificación mínima de 4 na media das probas obxectivas.

c) A asistencia e participación nas aulas, tanto expositivas como interactivas, suporá un 10% da cualificación total. A tal efecto, levarase un control de asistencia diario.

d) As actividades presentadas por escrito, incluidas as probas finais, deben cumprir cos oportunos estándares de corrección lingüística, estar redactadas de maneira clara e carecer de faltas de ortografía. O non cumprimento destas condicións será tido en conta negativamente na puntuación da proba respectiva. 

e) Calquera falta de honradez académica (plaxio, á dicir: utilización de textos ou ideas de outros autores sen indicar a procedencia, copiar traballos, copiar en exames ou outras formas) penalizarase de acordo co establecido na normativa académica.

f) Os/as estudantes que non aprobasen a materia na oportunidade de xunio farán en xullo unha única proba obxectiva de carácter teórico-práctico sobre cuestións de lingua e de literatura, cuxo contido se limitará a aquelas partes que non tivesen superado previamente

g) Na oportunidade adiantada de novembro/decembro, os/as estudantes farán unha única proba obxectiva de carácter teórico-práctico sobre cuestións de lingua e de literatura.

h) Aos/ás estudantes con dispensa académica non se lles aplicará o 10% da porcentaxe da cualificación reservado para asistencia e participación. Ese 10% acumularase coa porcentaxe prevista para as probas obxectivas. 

i) A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise de adaptación de medidas encamiladas ao apoio á diversidade consonte as indicacións da Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie(ADI/), coa que se deberá contactar nos prazos establecidos por esta unidade. Pódese contar tamén co asesoramento da titora ADI da facultade (pat.filologia@udc.gal)

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes