Teaching GuideTerm
Faculty of Philology
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Subjects
  Historia
   Methodologies
Methodologies Description
Objective test Proba escrita para a avaliación da aprendizaxe. Versará sobre os contidos teóricos estudados no curso e recollidos no temario da asignatura.
Critical bibliographical Reseña dun libro indicado polo profesor. A recensión non supón un simple resumo da obra senón unha lectura profunda, unha análise do seu contido e unha valoración critica se proceder. A extensión non excederá das seis follas mecanografadas, por unha soa cara, a tamaño 12 (descontada a capa).
O libro a recensionar no curso 2019/2020 será o seguinte: FONTANA, Josep (2013), El futuro es un país extraño. Una reflexión sobre la crisis social de comienzos del siglo XXI. Barcelona, Ed. Pasado y Presente.
Workshop Análise, comentario e debate dunha novela histórica en grupos reducidos. Deberán participar no debate todos os alunos sen excepción, o que implica a asistencia obrigatoria ás aulas interactivas.
Os alunos de segundo e terceiro curso con esta materia pendente, e somente eles, poderán substituir a participación na aula pola entrega de breves comentarios por escrito relacionados cos textos obxecto de debate.
Os alunos en situación de dispensa académica realizarán esta actividade no gabinete do profesor, debatendo e dialogando con el conforme a a un cronograma previamente combinado.
Workbook Lectura por conta do aluno do material bibliográfico seleccionado e recomendado polo profesor. As tais lecturas estarán relacionadas coa materia do temario.
Guest lecture / keynote speech Exposición oral a cargo do profesor, centrada nos contidos do programa da asignatura
Directed discussion Debate na aula na base de materiais previamente distribuídos polo profesor e lidos polo aluno en horas non presenciais. O profesor orientará o debate. Deberán participar todos os alunos sen excepción, o que implica a asistencia obrigatoria ás aulas interactivas.
Os alunos de segundo e terceiro curso con esta materia pendente, e somente eles, poderán substituir a participación na aula pola entrega de breves comentarios por escrito relacionados cos textos obxecto de debate.
Os alunos en situación de dispensa académica realizarán esta actividade no gabinete do profesor, debatendo e dialogando con el conforme a un cronograma previamente combinado.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes