Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Literatura Inglesa 1
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A3 A6 A10 A11 A16 B1 B3 B6 No exame final o alumnado deberá demostrar o seu dominio dos contidos teóricos e das destrezas practicadas nas aulas. Este exame consistirá en preguntas breves (ex., definicións de termos críticos e períodos, identificación de fragmentos dos textos estudados, análises, etc.). 50
Discusión dirixida A2 A6 A7 A9 A11 A15 B4 B5 B7 B8 B10 C2 É obrigatorio facer as lecturas asignadas para cada día e resolver as posibles dúbidas de vocabulario antes de ir a clase.
O/A estudante que non teña feitas as lecturas antes das clases deberá facelo na aula, perdendo a oportunidade de participar nas actividades da clase e de obter a puntuación que estas outorguen.
As actividades de clase poden consistir en exercicios orais e escritos, individuais ou en grupo, tales como facer resumos, análises, debatir, interpretar, identificar, etc.
20
Traballos tutelados A1 A2 A3 A4 A11 A15 B1 B5 B6 C2 Consistirán en dúas redaccións argumentativas escritas en clase nas que cada estudante demostrará a súa habilidade para interpretar textos de xeito independente e para escribir ensaios ben organizados, coherentes e cohesionados, así como a súa capacidade no uso da lingua inglesa. 30
 
Observacións avaliación
  • segunda
    oportunidade de avaliación en xullo
     consistirá nas seguintes seccións, que se
    realizarán na data oficial do exame final: 
1) un exame escrito con un deseño idéntico ao
do exame final na primeira oportunidade, e que computará o 50% da nota;


2) unha sección adicional de preguntas (sobre
as lecturas analizadas) que substituirá a sección "Discusión dirixida” da
primeira oportunidade, e que computará o 20% da nota;


3) e unha redacción argumentativa sobre as lecturas
feitas durante o cuadrimestre, que substituirá a sección "Traballos
tutelados" da primeira oportunidade e que computará o 30% da nota.


Cada estudante deberá completar
a(s) sección(s) que non superara na primeira oportunidade.
  • Un
    aprobado obtense a partir dunha nota de 5 sobre 10. Sen embargo, na primeira
    oportunidade de avaliación, deberase obter unha nota mínima de 4 sobre 10 na “Proba mixta”
    para poder superar a materia. Na segunda oportunidade, deberase obter esta
    mesma nota mínima na sección 1 da avaliación.
  • O alumnado terá a
    posibilidade de obter ata un punto extra para sumarllo á súa nota final de
    curso. Darase máis información na aula e a través de Moodle ao principio do
    cuadrimestre. 
  • Obterase unha
    calificación de "non presentado" por non acudir ao exame e/ou
    por ter completado traballo de curso que represente unha porcentaxe inferior ao
    50%.
  • O alumnado
    matriculado a tempo parcial e que teña concedida unha dispensa
    académica deberá porse en contacto co profesorado da materia a principio de
    curso e avaliarase do mesmo xeito que o especificado para a oportunidade de
    xullo.
  • O alumnado que se
    presenta á convocatoria adiantada de decembro avaliarase
    segundo as normas especificadas para a oportunidade de xullo.
  • O profesorado pode
    usar o servizo de detección do plaxio “Turnitin” para revisar o traballo do
    alumnado. O plaxio en calquera actividade significará a
    cualificación de "cero" nesta actividade.
  • Todos os traballos
    e actividades deberán ser entregados en tempo e forma para así evitar unha
    penalización do 25% sobre a nota obtida nos mesmos.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes