Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Literatura Galega
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A9 A11 A14 B1 B3 B5 B6 C1 O traballo titorizado consistirá na elaboración dun vídeo sobre unha obra de lectura asignada polo profesorado.
As pautas e as instrucións específicas para a súa realización e presentación serán proporcionadas nas aulas e publicadas no Campus Virtual.
20
Lecturas A7 A11 A17 B9 B10 As obras de lectura obrigada serán obxecto de traballo específico nas aulas de grupo reducido.
A avaliación realizarase tendo en conta as actividades realizadas nestas sesións de acordo coas pautas que proporcionará o profesorado.
20
Eventos científicos e/ou divulgativos A7 A11 B3 B5 B8 Cada estudante deberá asistir a dous eventos (conferencias, mesas redondas, exposicións etc.) de entre os recomendados polo profesorado ao longo do curso académico.
Sobre cada evento deberá ser cumprimentada, de acordo coas instrucións do profesorado, a ficha de valoración que estará disponíbel no Campus Virtual.
10
Proba mixta A2 A7 A11 C1 Proba escrita que combinará actividades de carácter ensaístico, de análise de fontes, preguntas tipo test... A través da proba mixta, avaliarase o seguimento das sesións maxistrais, a realización das lecturas etc.
Esta proba será única mais realizarase en dúas partes: a primeira no mes de febreiro; a segunda, no mes de maio na data fixada oficialmente pola Facultade.
50
 
Observacións avaliación

Todas as actividades ou probas deberán cumprir unhas exixencias mínimas de corrección lingüística (ortografía, puntuación, concordancia sintáctica, ausencia de reiteracións, precisión léxica, rexistro formal…); no caso de deficiencias lingüístico-expresivas, estas poderán ser penalizadas na cualificación segundo os criterios que serán publicados no Campus Virtual no inicio do curso.

Calquera falta de honradez académica (plaxio, utilización de textos ou ideas doutras autorías sen indicar a procedencia, copia en tarefas, traballos ou outras variábeis destas características) será penalizada de acordo coa normativa vixente na UDC. No xeral, a realización fraudulenta das probas de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso "0" na materia na convocatoria correspondente. Na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través da internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade

Todas as actividades deberán ser realizadas e entregadas de acordo cos prazos e os procedementos estabelecidos. As actividades entregadas fóra do prazo marcado non serán obxecto de avaliación. 

1. Requisitos para superar a materia

Para superar a materia, tanto na primeira como na segunda oportunidade, a cualificación mínima da proba escrita deberá ser de 4 puntos sobre 10. Tendo en conta esta condición, a cualificación final da materia responderá á aplicación das porcentaxes das actividades avaliábeis. Cando a cualificación da proba escrita sexa inferior a 4, farase constar como cualificación final a obtida nesa proba escrita (calculada sobre 10, sen ponderar).

 2. Non presentado/a

Será considerado NON PRESENTADO/A quen non se presente a ningunha das partes da proba escrita. 

Isto é, quen se presentar a calquera das probas escritas, terá a consideración de PRESENTADO/A.

3. Segunda oportunidade

O alumnado que non superar a materia na primeira oportunidade, terá unha segunda no mes de xullo. Nesta segunda oportunidade, deberán ser presentadas/realizadas as actividades non superadas ou non presentadas anteriormente, de acordo coas indicacións específicas que dará o profesorado.

O alumnado que acadase a cualificación de aprobado na ponderación das actividades mais non obtivese un 4 sobre 10 na proba mixta, só deberá realizar a proba mixta.

4. Dispensa académica

O/a estudante que teña concedida dispensa académica terá condicións especiais de avaliación. Deberá pórse en contacto co profesor Isaac Lourido (isaac.lourido@udc.gal) antes do día 30 de setembro.

5. Alumnado de segunda matrícula e posteriores ou con incompatibilidade horaria por razóns laborais

O alumnado con estas características que non poida asistir ás aulas con regularidade deberá alertar sobre este feito a través dun correo electrónico a isaac.lourido@udc.gal antes do día 30 de setembro.

6. Convocatoria adiantada de decembro

Consistirá na realización dunha proba escrita (50% da cualificación) e dunha proba oral (50% da cualificación) que versará sobre as lecturas propias da materia.

7. Apoio á diversidade
A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas  encamiñadas  ao  apoio  á  diversidade  consonte  ás  indicacións  da Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/), coa que se deberá contactar nos prazos establecidos por esta unidade. Pódese contar tamén co asesoramento da titora ADI da facultade (pat.filoloxia@udc.gal).

8. Perspectiva de xénero
De acordo coas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria, será incorporada a perspectiva de xénero nesta materia. Será usada linguaxe non sexista e, na medida do posíbel, bibliografía producida por persoas de diferentes identidades de xénero. Evitarase a discriminación por motivos de xénero na participación do alumnado en todos os procesos de ensino e aprendizaxe. Serán fomentados os valores do respecto e da igualdade, e non será aceptadas nin a reprodución de prexuízos nin as actitudes discriminatorias. Se foren identificadas situacións de discriminación por razón de xénero, serán propostas accións e medidas concretas para corrixilas.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes