Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Lingua Española 2
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A5 A10 A11 A14 A15 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B10 C6 Traballo en grupo (dous ou tres estudantes) no que se poñerán en práctica os coñecementos e competencias adquiridos. Este traballo contará coa supervisión do profesorado e un seguimento específico no marco das aulas. 25
Obradoiro A5 A10 A11 A14 A15 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B10 C6 Ao longo do cuadrimestre, realizaranse diversas actividades escritas no marco da aula (exercicios, comentarios...). O profesorado seleccionará até un máximo de catro para a súa entrega e avaliación a través do Campus Virtual. 25
Proba mixta A5 A10 A11 A14 A15 B4 B5 B7 Examen final no que se mostrarán os coñecementos e competencias adquiridos, tanto dende o punto de vista teórico como aplicado. 50
 
Observacións avaliación

1. En todas as actividades escritas (exame, traballos,
exercicios, comentarios...), será valorado o uso correcto e axeitado da
lingua española, especialmente para fins académicos. Penalizaranse as
faltas de ortografía, as de puntuación e a redacción deficiente.

2. Non será admitida a entrega de traballos fóra de prazo.

3.
Calquera falta de honradez académica (plaxio, utilización de textos ou
ideas dotros autores sen indicar a procedencia, copia en tarefas,
traballos ou outras variábeis destas características) penalizarase de
acordo co establecido na normativa académica. Lémbrese que o profesorado
dispón de ferramentas para a detección do plaxio, como Turnitin.

4. Obterá a calificación de NP (non presentado) o alumnado que non entregue o traballo tutelado, aínda que teña realizado as restantes actividades.

5. Será preciso obter un mínimo de 4 puntos (sobre 10) na proba
mixta, así como en cada unha das metodoloxías de avaliación, para poder superar a materia.

6. O alumnado que teña que superar a materia en segunda oportunidade
recuperará tan só as actividades que tiver suspensas. Nese caso, o
profesorado facilitará as indicacións oportunas a propósito das
características do traballo ou entrega de exercicios por medio do Campus
Virtual, indicando as datas e procedementos de entrega, para que o
alumnado poida organizar con tempo suficiente as tarefas para a segunda
oportunidade.

7. A materia poderá ser adaptada ao estudantado que
precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade
consonte ás indicacións da Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/),
coa que se deberá contactar nos prazos establecidos por esta unidade.
Pódese contar tamén co asesoramento da titora ADI da facultade
(pat.filoloxia@udc.gal).

8. O nivel mínimo de competencia
lingüística recomendado para cursar esta materia, no caso do estudantado
Erasmus e de convenios internacionais, é un B2 dacordo co Marco Europeo
para o Ensino e Aprendizaxe de Linguas.


Alumnado con dispensa académica de exención de asistencia

Os
procedementos e porcentaxes de avaliación serán os mesmos que para o
restante alumnado. Porén, o traballo tutelado terá carácter individual
(coa conseguinte adaptación de materiais, procedimentos e prazos de
entrega).

O profesorado porá ao dispor deste
estudantado tanto as instruccións para a realización como os
procedementos e datas de entrega a través do Campus Virtual. 

As
titorías concertaranse por correo electrónico e terán lugar en horario
axeitado tanto para o alumnado como para o profesorado.


Oportunidade extraordinaria de decembro

O
alumnado en disposición de optar a examinarse da materia na
convocatoria extraordinaria en decembro será avaliado a través da
realización dun exame que suporá o 100 % da calificación.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes