Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Lingua Galega 2
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Estudo de casos A2 A10 A11 A15 A23 B1 B3 B5 B7 B8 B10 Será avaliada a participación e o traballo en equipa, a capacidade analítica e crítica, e a adecuación aos obxectivos formulados polo profesorado para cada actividade destas características. 15
Recensión bilbiográfica A2 A9 A10 A11 A14 A21 B1 B5 B6 B9 C1 C6 Será avaliada a capacidade do alumnado para a lectura analítica e crítica, a corrección lingüística, a clareza expositiva (coherencia e cohesión), a capacidade de síntese, a xerarquización de contidos e a adecuación de forma e fondo. 10
Traballos tutelados A10 A11 A15 A21 B3 B6 B7 B8 Serán avaliadas a corrección lingüística, as estratexias e procedementos expositivos utilizados, a participación ao longo dos traballos realizados nos "Seminarios" destinados para o efecto, os contidos focados e os resultados do proceso ensino-aprendizaxe canto á consecución dos obxectivos procurados co "Traballo tutelado". 25
Eventos científicos e/ou divulgativos A11 A14 B3 B5 B7 B8 C6 Valorarase a participación nestes eventos a través da realización de fichas que se entregarán ao profesorado. 10
Proba mixta A2 A4 A9 A21 Serán avaliadas a corrección lingüística e expositiva, así como a adecuación entre o exposto na proba mixta e os contidos presentados e estudados nas sesións maxistrais. 40
 
Observacións avaliación
1. OBSERVACIÓNS XERAIS DE AVALIACIÓN
1.1. Para superar a materia, o alumnado deberá atinxir unha cualificación igual ou superior a 5 puntos sobre 10. Igualmente, na proba mixta deberá obter 5 puntos sobre 10 para poder sumar os restantes elementos avaliábeis. No caso de non superala, a cualificación final será a nota do exame ponderada.
1.2. Todas as actividades deberán ser entregadas de acordo cos prazos e os procedementos fixados no cronograma que o profesorado fornecerá ao alumnado no inicio das sesións e que pendurará en Moodle. As actividades entregadas fóra do prazo marcado non serán obxecto de avaliación.
1.3. Todas as actividades ou probas deberán cumprir unhas exixencias mínimas de corrección lingüística (ortografía, puntuación, concordancia sintáctica, ausencia de reiteracións, precisión léxica, rexistro formal…); no caso de deficiencias lingüístico-expresivas, estas poderán ser penalizadas na cualificación, segundo o documento "Exixencias mínimas de corrección lingüística" (aprobado pola Sección de Galego-Portugués o 6/7/2018 e pendurado en Moodle).
1.4. Se houber criterios específicos de avaliación para algunha das tarefas propostas, estes serán oportunamente dispoñibilizados polo profesor responsábel da materia en formato "rúbrica" na sala de aulas e/ou a través de Moodle. O/a docente proporcionará, igualmente, as oportunas instrucións para o correcto desenvolvemento de cada unha das actividades previstas.
1.5. Os
traballos presentados polo alumnado poderán ser incorporados a unha ferramenta informática para a detección do plaxio e de traballos
previamente presentados nesta ou noutras universidades, incluso polo
mesmo/a alumno/a. En caso de que se produza algunha destas
circunstancias, poderán ser aplicadas as medidas contempladas nas "Normas
de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de
grao e mestrado universitario" da Universidade da Coruña (artigo 14.4).

2. AVALIACIÓN DA 2.ª OPORTUNIDADE (xullo)
2.1. Na 2.ª oportunidade, o alumnado será avaliado cos mesmos criterios e coas mesmas porcentaxes que na oportunidade anterior.
2.2. As persoas que non superaren a materia de acordo coa avaliación continuada deberán concorrer á 2.ª oportunidade (xullo). Para superaren a materia nesta oportunidade, os/as alumnos deberán aprobar (con 5 puntos sobre 10) aquelas probas (orais e/ou escritas) marcadas polo profesorado responsábel da materia e que serán realizadas na data fixada pola Facultade de Filoloxía. Igualmente, deberán ser realizadas satisfactoriamente todas aquelas tarefas non superadas ou non presentadas na oportunidade anterior.

3. AVALIACIÓN DA OPORTUNIDADE ADIANTADA DE DECEMBRO
3.1. O alumnado que se presentar á convocatoria adiantada de decembro terá que contactar previamente cos docentes e, para superala, deberá realizar unha "Proba mixta" (5 puntos), unha "Presentación oral" (2 puntos) e uns "Traballos tutelados" (3 puntos) que lle foren encomendados.

4. CUALIFICACIÓN DE NON PRESENTADO (NP)
4.1. Será considerado Non Presentado aquel alumnado que non se presentar á "Proba mixta" e que non presentar ningunha das actividades contempladas na avaliación.

5. ALUMNADO A TEMPO PARCIAL E CON DISPENSA ACADÉMICA
5.1. O estudantado matriculado a tempo parcial e con dispensa académica de exención de asistencia concedida entregará as actividades obrigatorias nunha data concertada previamente co profesorado. Este alumnado deberá realizar e entregar as mesmas probas e exercicios que o restante e, se non puider asistir ao atendemento, deberá pórse en contacto co profesor a través do correo electrónico.

6. ALUMNADO DE SEGUNDA MATRÍCULA
6.1. O alumnado de segunda matrícula que non poida asistir ás aulas deberá contactar co profesorado da materia e terá que realizar e entregar nos prazos concertados previamente polos docentes as mesmas probas e actividades que o restante. Así mesmo, haberá unha reunión no inicio do curso con este alumnado para pautar o desenvolvemento do curso.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes