Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Lingua Galega 2
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Estudo de casos A2 A4 A9 A10 A11 A15 A21 A25 B1 B3 B5 B7 B8 C1 Será avaliada a correcta aplicación dos contidos teóricos á práctica e mais a corrección na análise e na expresión escrita, a capacidade analítica e crítica, así como a adecuación aos obxectivos formulados polo profesorado para cada actividade destas características. 30
Presentación oral A2 A4 A9 A10 A11 A15 A21 B1 B3 B4 B5 B6 B7 B10 C1 Será avaliada a calidade lingüística, o dominio do contido, a organización e a secuencia expositiva, a clareza e precisión na exposición, a interacción co auditorio, o uso do tempo dispoñíbel, a utilización dos recursos tecnolóxicos, o traballo en equipo e a utilidade da presentación para os propósitos da materia. 10
Proba mixta A2 A4 A9 A10 A14 A15 A19 A21 A23 A25 C1 Serán avaliadas a corrección lingüística e expositiva, así como a adecuación entre o exposto na proba mixta e os contidos presentados e estudados nas sesións maxistrais e no obradoiro. 60
 
Observacións avaliación
1. OBSERVACIÓNS XERAIS DE AVALIACIÓN
1.1. Para superar a materia, o alumnado deberá atinxir unha cualificación igual ou superior a 5 puntos sobre 10. Igualmente, na proba mixta deberá obter 5 puntos sobre 10 para poder sumar os restantes elementos avaliábeis.
1.2. Todas as actividades deberán ser entregadas de acordo cos prazos e os procedementos fixados no cronograma que o profesorado fornecerá ao alumnado no inicio das sesións e que pendurará no Campus Virtual da UDC. As actividades entregadas fóra do prazo marcado ou que non cumpran coas pautas indicadas non serán obxecto de avaliación.
1.3. Todas as actividades ou probas deberán cumprir unhas exixencias mínimas de corrección lingüística (ortografía, puntuación, concordancia sintáctica, ausencia de reiteracións, precisión léxica, rexistro formal…); no caso de deficiencias lingüístico-expresivas, estas poderán ser penalizadas na cualificación, segundo o documento "Exixencias mínimas de corrección lingüística" (aprobado pola Sección de Galego-Portugués o día 06/07/2018 e pendurado no Campus Virtual da UDC no inicio do curso).
1.4. Calquera falta de honradez académica (copia, plaxio, utilización de material non orixinal ou ideas doutras autorías sen indicación expresa da súa procedencia etc.), tanto na realización de traballos como na proba mixta, será penalizada de acordo co estipulado nas “Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario” e no “Regulamento disciplinar do estudantando da Universidade da Coruña”. Así, o/a estudante será cualificado/a con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se producir na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, modificarase a súa cualificación na acta da primeira oportunidade, se for necesario. Para detectar o plaxio ou o uso de intelixencia artificial nas actividades poderán empregarse aplicacións informáticas como Turnitin.
1.5. Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria, nesta materia será incorporada a perspectiva de xénero: usarase linguaxe non sexista, utilizarase -na medida do posíbel- bibliografía de persoas de diferentes identidades de xénero, propiciarase a intervención de alumnos e de alumnas na aula... Alén disto, serán fomentados os valores do respecto e da igualdade, e non será aceptadas nin a reprodución de prexuízos nin as actitudes discriminatorias. Finalmente, se foren identificadas situacións de discriminación por razón de xénero, serán propostas accións e medidas concretas para corrixilas.
1.6. A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas de apoio á diversidade (física, visual, auditia, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar cos servizos dispoñíbeis na UDC / no centro: nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuadrimestre académico, coa Unidade de Atención á Diversidade (www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/); no seu defecto, coa Titora ADI da Facultade de Filoloxía (no seguinte enderezo electrónico: pat.filoloxia@udc.gal).

2. AVALIACIÓN DA 2.ª OPORTUNIDADE
2.1. Na 2.ª oportunidade, o alumnado será avaliado cos mesmos criterios e coas mesmas porcentaxes que na oportunidade anterior.
2.2. As persoas que non superaren a materia deberán concorrer á 2.ª oportunidade. Para superaren a materia nesta oportunidade, os/as alumnos/as deberán aprobar (con 5 puntos sobre 10) aquelas probas (orais e/ou escritas) marcadas polo profesorado responsábel da materia e que serán realizadas na data fixada pola Facultade de Filoloxía. Igualmente, poderán ser recuperadas todas aquelas tarefas non superadas ou non presentadas na oportunidade anterior.

3. AVALIACIÓN DA OPORTUNIDADE ADIANTADA DE DECEMBRO
3.1. O alumnado que se presentar á convocatoria adiantada de decembro terá que contactar previamente co profesorado da materia e, para superala, deberá realizar unha "Proba mixta" (6 puntos), unha "Presentación oral" (1 punto) e unhas actividades (3 puntos).

4. CUALIFICACIÓN DE NON PRESENTADO (NP)
4.1. Será considerado Non Presentado aquel alumnado que non se presentar á "Proba mixta" e que non presentar ningunha das actividades contempladas na avaliación.

5. ALUMNADO A TEMPO PARCIAL E CON DISPENSA ACADÉMICA
5.1. O estudantado matriculado a tempo parcial e con dispensa académica de exención de asistencia concedida deberá realizar e entregar as mesmas probas e exercicios que o restante estudantado, polo deberá contactar co profesorado da materia para adaptar as actividades presenciais.

6. ALUMNADO DE SEGUNDA MATRÍCULA
6.1. O alumnado de segunda matrícula que non poida asistir ás aulas deberá contactar co profesorado da materia.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes