Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Lingua Inglesa 3
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Primeira toma de contacto coa materia, na que as actividades teñen como fin a obtención de información sobre o nivel de competencia do estudantado, para poder avanzar de acordo coas súas expectativas e necesidades.
Sesión maxistral Exposición de contidos teóricos e prácticos, acompañada de material audiovisual, co fin de aumentar e consolidar os coñecementos do estudantado da lingua inglesa e os temas aprendidos.
Portafolios do alumno Conxunto de tarefas de redacción encomendadas durante o cuadrimestre.
Seminario Son sesións prácticas nas que se traballan as habilidades básicas en relación co programa, e nomeadamente, o speaking, o listening e o reading.
Discusión dirixida Diálogos en parellas e grupos pequenos, con seguimento do profesor, nos que se poñen en práctica as habilidades do estudantado, e nos que poden ter lugar conversacións e debates informais e espontáneos.
Proba oral Todos os estudantes realizarán unha presentación oral ao final do cuatrimestre, na cal deberán amosar a súa competencia comunicativa en inglés. Os estudantes poderán escoller realizar as súas presentacións na aula ou como un vlog.
Proba obxectiva Exame escrito. Permite que os profesores avalíen os coñecementos e habilidades lingüísticas adquiridos, desenvolvidos e mellorados durante o curso. Pode incluír varios tipos de preguntas e basearase nos materiais utilizados ao longo do curso.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes