Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Lingua Inglesa 3
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A6 B3 B6 C2 Unha proba obxectiva (exame) baseada nos materiais presentados na clase. Incluirá varios tipos de exercicios. Deste 60% da materia, 40% corresponderá a un exame escrito de gramática e vocabulario, 100% a unha comprensión de texto escrito (reading) e 10% a unha comprensión de texto oral (listening). 60
Seminario A1 A6 A10 B6 C2 No seminario avaliarase o conxunto de tarefas de comprensión escrita (reading) e oral (listening) realizadas durante o curso. 10
Proba oral A9 A6 B4 B7 B8 B10 C2 Todo o estudantado realizará unha presentación oral ao final do cuadrimestre, na que deberá mostrar as súas competencias comunicativas orais en lingua inglesa. Avaliarase a capacidade de facerse entender, a súa coherencia, fluidez, pronunciación e tamén a complexidade e corrección léxicas e gramaticais. Os estudantes poderán escoller realizar as súas presentacións na aula ou coma un vlog. 15
Portafolios do alumno A1 A6 A9 A10 A15 B10 B8 B7 B6 B5 B4 B3 B2 B1 C2 C4 Avaliaranse varias redaccións (writing). As características de cada unha serán explicadas polo profesor na aula. 15
 
Observacións avaliación
  • Superación da materia

Para superar a materia, o estudantado terá que cumplir as seguintes dúas condicións:

A) Media ponderada do conxunto das actividades superior a 50.

B) Ter máis dun 40% da nota en cada unha das seguintes tarefas: "proba oral", "proba obxectiva" e "portafolios do alumno".

No caso de non cumprir con algunha destas condicións, o estudantado terá que acudir á oportunidade de xullo.

  • Entrega de traballos:

Aplicarase unha penalización do 25% aos traballos presentados fóra de prazo sen causa xustificada. Os traballos con evidencia de plaxio serán cualificados automaticamente coa calificación de 0. Poderanse empregar programas específicos de detección do plaxio. Calquera falta de honradez académica (plaxio, copia de traballos, copaia de exames, etc.) penalizarase, de acordo ao establecido no Regulamento Disciplinar do Estudantado da UdC, artigos 10.3.f e 11.4.b, co suspenso en ambas oportunidades.


  • Cualificación de Non Presentado (NP):

Para obter a cualificación de Non Presentado (NP) o estudantado deberá non ter realizado a Proba obxectiva / Exame final, nin a Proba oral.

  • OPORTUNIDADE DE XULLO:

O estudantado que non supere a materia na primeira oportunidade terá que acudir á oportunidade de xullo, que terá a mesma ponderación das diferentes actividades de avaliación mais na que os traballos de Seminario e Portafolios serán substituídos por novos traballos específicos. As partes da materia superadas (máis do 50% da nota) na primeira oportunidade non poderán ser repetidas na oportunidade de xullo. 

  • DISPENSA ACADÉMICA:

O estudantado con dispensa académica oficialmente recoñecida será avaliado segundo as indicacións  para a oportunidade de xullo, mantendo as mesmas porcentaxes da avaliación e realizando as adaptacións dos traballos necesarias por motivos de presencialidade. O estudantado nesta situación deberá poñerse en contacto co profesorado tan pronto como teña coñecemento da mesma.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes