Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Literatura Inglesa 2
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A17 A7 B1 B5 B7 B8 C8 C2 Dúas probas (unha cara a metade do curso; outra na data asignada para o exame final) nas que o alumnado deberá amosar o seu dominio nos contidos e destrezas traballados nas sesión maxistrais e tamén nos grupos reducidos e seminarios. Deberase acadar unha cualificación mínima de 4 sobre 10 en cada unha das dúas probas para que a nota resultante poida ser sumada á obtida no resto das actividades avaliables. 50
Traballos tutelados A1 A8 Traballos puntuables de diverso tipo. O profesor poderá evaluar o traballo escrito cunha proba oral. 30
Discusión dirixida C1 O profesor valorará o traballo dos estudantes a diario e o seu compromiso. Teráse en conta a participación activa e a atención prestada. 10
Lecturas A16 Control das lecturas realizadas 5
Seminario A2 A1 Participación e desenvolvemento dos traballos dentro dos seminarios. 5
 
Observacións avaliación

Na oportunidade de xullo os alunos/as realizarán un traballo sobre os textos de estudo (50% da nota) e o exame (50% da nota). Aqueles alunos/as que o longo do curso presentaran traballos satisfactoriamente non teñen que presentar ningun traballo adicional;Os alunos/as que non se presenten ás probas obxectivas da primeira ou segunda oportunidade acadarán a cualificación de Non Presentado se non entregaron mais do 50% das actividades avaliables durante o curso. 

Quen teña concedida a dispensa académica, e como establece a Normativa de permanencia da universidade, será avaliado seguindo os criterios aplicables á oportunidade de xullo.

Os alumnos que se presentan á convocatoria adiantada de decembro avaliaranse segundo as normas especificadas para a oportunidade de xullo.

Os traballos escritos poden ser revisados a través da aplicación Turnitin que detecta citas incorrectas, plaxio e outros tipos de fraude. Se isto ocorrer, aplicaranse as normas contra o plaxio (Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario). Turnitin recoñece traballos previamente realizados por outras persoas (ou polo/a propio/a estudante) nesta universidade ou noutras, ademais doutros materiais localizados en Internet.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes