Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Literatura Inglesa 2
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba práctica A8 A1 Exames e tests escritos e / ou orais sobre as lecturas do curso. 50
Proba mixta A1 A2 A8 A16 B5 B7 C1 C2 Proba de preguntas teóricas do aprendido durante o curso e de comentario e análise de textos. Só se terá en conta o exame final (ou os exames parciais) cando o alumno obteña, polo menos, catro puntos de dez. No caso de que a nota sexa inferior a catro, o/a alumno/a terá que volver facer o exame final ou os parciais. 50
 
Observacións avaliación

Os estudantes deben completar as lecturas propostas (ver listaxe de contidos do programa) sempre antes de que sexan analizadas ou comentadas en clase, para que a interactividade e o debate sexa posible. Igualmente, o profesor establecerá un test ou unha proba de lectura, que se realizará sempre na clase (agás imposibilidade), sobre todas ou algunhas das lecturas en curso, xa sexa nese momento ou máis tarde de que esas obras se traballaran na aula. As lecturas son obligatorias e serán avaliadas de xeito individual. As lecturas e os seus tests respectivos forman parte da avaliación da asignatura, no apartado proba práctica, como se indica enrriba destas liñas. Podería solicitarse por parte del profesor unha presentación oral. 

O exame escrito, que constara de tres partes, unha por cada profesor da materia, completará a avaliación da asignatura. Cómpre obter como mínimo un 4 sobre dez en cada unha das partes para superala. De non logar un 4 ou máis, o alumno ou alumna deberá recuperar esa parte na oportunidade de xullo.  

Na oportunidade de xullo os alunos/as realizarán actividades, traballos ou un ensaio sobre os textos de estudo (50% da nota) e o exame (50% da nota). Aqueles alunos/as que o longo do curso presentaran traballos satisfactoriamente non teñen que presentar ningun traballo adicional, agás que o indique o profesor específicamente. 

Os alumnos/as que non se presenten ás probas obxectivas da primeira ou segunda oportunidade acadarán a cualificación de Non Presentado. 

Quen teña concedida a dispensa académica, e como establece a Normativa de permanencia da universidade, será avaliado seguindo os criterios aplicables á oportunidade de xullo. Poderá seguir a materia no Campus Virtual da UDC e mediante a comunicación co profesor. 

Os alumnos que se presentan á convocatoria adiantada de decembro avaliaranse segundo as normas especificadas para a oportunidade de xullo.

Os traballos escritos poden ser revisados a través da aplicación Turnitin que detecta citas incorrectas, plaxio e outros tipos de fraude. Se isto ocorrer, aplicaranse as normas contra o plaxio (Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario). Turnitin recoñece traballos previamente realizados por outras persoas (ou polo/a propio/a estudante) nesta universidade ou noutras, ademais doutros materiais localizados en Internet.

Calquera caso de plaxio ou fraude académico significará un suspenso (0) na materia, tal e como aparece recollido no "Regulamento disciplinar do estudantado da UDC": Cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia en que se cometese: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce naprimeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.

-Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas, entre outras medidas).

-Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.

-Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.

Diversidade e adaptación. A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade consonte ás indicacións da Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/), coa que se deberá contactar nos prazos establecidos por esta unidade. Pódese contar tamén co asesoramento da titora ADI da facultade. 



Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes