Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Lingua Galega e Sociedade
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Presentación oral A1 A9 A11 A14 A15 A25 B1 B3 B6 B7 B8 Cada estudante deberá facer unha presentación oral do traballo tutelado. Serán valorados os resultados da pesquisa, o rigor expositivo, a calidade da lingua utilizada e os recursos e estratexias expositivas empregadas. 10
Lecturas A2 A11 A14 A15 A19 A23 A25 A27 B1 B3 B6 B7 B8 B9 C4 C6 C8 Lectura reflexiva dos materiais bibliográficos indicados polo profesor. Serán avaliadas tanto nas actividades do Obradoiro como na proba mixta. 10
Obradoiro A1 A2 A9 A11 A14 A15 B1 B3 B6 B7 B9 C4 C6 Realización de actividades prácticas derivadas das sesións maxistrais (análise de textos, estudo de fontes documentais etc.). 10
Traballos tutelados A1 A2 A9 A11 A14 A15 A19 A23 A25 A27 B1 B3 B6 B7 B8 B9 C4 C6 C7 C8 Valorarase fundamentalmente a profundidade e o rigor da pesquisa, a clareza expositiva e a calidade expresiva. Os traballos presentados polo alumnado poderán ser incorporados ao Turnitin, ferramenta para a detección do plaxio así como de traballos previamente presentados nesta ou noutras universidades, incluso polo mesmo/a alumno/a. En caso de que se produza algunha destas circunstancias, poderán ser aplicadas as medidas contempladas nas Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario da Universidade da Coruña (artigo 14.4). 20
Proba mixta A1 A2 A9 A11 A14 A15 A19 A23 A25 A27 B1 B3 B6 B7 Constitúe unha proba con elementos diversos, onde serán valoradas cuestións tales como os contidos, as lecturas, a clareza e rigor expostivo e a calidade lingüística das respostas. 50
 
Observacións avaliación

1. Observacións xerais

Todas as actividades ou probas deberán cumprir unhas exixencias mínimas de corrección lingüística (ortografía, puntuación, concordancia sintáctica, ausencia de reiteracións, precisión léxica, rexistro formal…); no caso de deficiencias lingüístico-expresivas, estas poderán ser penalizadas na cualificación segundo o documento "Exixencias mínimas de corrección lingüística" (aprobado pola Sección de Galego-Portugués o 6/7/2018 e pendurado en Moodle).

O alumnado terá de entregar os traballos e actividades no prazo fixado. A entrega de actividades fóra de prazo será penalizado na cualificación.

Os traballos presentados polo alumnado poderán ser incorporados á ferramenta para a detección de plaxio Turnitin. Calquera falta de honradez académica (plaxio, é dicir, utilización de textos ou ideas de outros autores sen indicar a procedencia, copiar traballos, copiar en exames, ou outras formas) penalizarase de acordo co establecido na normativa académica

2. Requisitos para superar a materia

Para superar a materia, o alumnado deberá conseguir globalmente unha cualificación igual ou superior a 5 valores sobre 10. Na proba mixta deberá obter como mínimo 4 valores sobre 10 para poder sumar os restantes elementos de avaliación.

3. Oportunidade de xullo

Na segunda oportunidade, en xullo, o alumnado será avaliado cos mesmos criterios que na ocasión anterior, só que o "Traballo tutelado" pasará a ser puntuado con 3 valores, absorvendo así o "Obradoiro".

O "Traballo tutelado" será entregue na data oficial do exame. No caso da "Presentación oral", marcarase un día para a súa realización.

4. Convocatoria adiantada de decembro

Consistirá na realización dunha proba escrita (60% da cualificación) e na entrega, o día da proba, dun traballo tutelado previamente fixado polo profesor (40%).

5. Non presentado/a

Será considerado NON PRESENTADO/A o/a estudante quen non se presente á proba mixta.

6. Dispensa académica e matrícula parcial

As persoas que teñan dispensa académica terán condicións especiais de avaliación:

- Proba mixta (50%).
- Lecturas (10%)
- Traballo tutelado (30%).
- Presentación oral (10%).

Para concretar as características das actividades, o/a estudante deberá pórse en contacto co profesor antes do día 15 de febreiro.

7. Alumnado con incompatibilidade por razóns horarias ou laborais

O alumnado repetidor que non poida asistir ás aulas e o alumnado que tiver horario laboral incompatíbel co seguimento da materia mais que non cumpra as condicións para obter a dispensa académica deberá comunicalo ao profesor a través dun correo electrónico antes do 15 de febreiro. Após as pertinentes comprobacións, o profesor confirmará se as condicións de avaliación serán equivalentes aos casos da dispensa académica.

8. Apoio á diversidade

A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar cos servizos dispoñíbeis na UDC ou no centro nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuadrimestre académico (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado ou coa titora ADI da Facultade de Filoloxía a través do correo electrónico pat.filoloxia@udc.gal).

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes