Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Lingua e Cultura dos Países de Fala Portuguesa
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A11 A14 A15 A20 B1 B3 B5 B6 B7 B9 C3 C6 Serán avaliados os conteúdos focados e os resultados do proceso ensino-aprendizaxe canto á consecución dos obxectivos procurados co "Traballo Tutelado". A corrección lingüística, as estratexias e procedementos utilizados tanto para resolver eventuais problemas como para apresentar o traballo serán tamén obxecto de avaliación. 30
Lecturas A1 A2 A10 A18 B7 Será avaliada a participación informada nas sesións presenciais onde serán abordados tanto os libros de leitura obrigatoria como os artigos ou capítulos e libro analisados. Da mesma maneira, serán obxecto de avaliación a qualidade da presentación dos conteúdos específicos, os materiais utilizados e o correcto cumprimento das tarefas encomendadas no decurso desas sesións. 20
Presentación oral A11 B4 Para alén da utilidade da presentación para os propósitos da materia, será avaliada a calidade lingüística, o dominio do conteúdo, a organización e a secuencia expositiva, a clareza e precisión nas exposicións, a interacción co auditorio, o uso do tempo dispoñíbel, a utilización dos recursos tecnolóxicos e, cando for o caso, o traballo en equipa. 10
Recensión bilbiográfica A1 B3 B5 B8 C6 Na recensión bibliográfica será avaliada a capacidade do alumnado para a lectura analítica e crítica, a corrección lingüística, a clareza expositiva (coherencia e cohesión), a capacidade de síntese, a hierarquización de conteúdos e a adecuación de forma e fondo. 10
Estudo de casos A1 A26 B1 B4 B7 B10 C3 C4 C6 Será avaliada a participación e o traballo en equipa, a capacidade analítica e crítica, e a adecuación aos obxectivos formulados polos docentes para cada actividade destas características. 30
 
Observacións avaliación
  1. Todas as actividades deberán ser realizadas e entregadas de acordo cos prazos e os procedementos fixados no cronograma que o profesorado fornecerá ao alumnado no inicio das sesións e pendurará no Campus Virtual. As actividades entregadas fóra do prazo marcado non serán obxecto de avaliación. Para superar a materia, o alumnado deberá atinxir unha cualificación igual ou superior a 5 puntos sobre 10.
  2. Se houver criterios específicos de avaliación para algunha das tarefas propostas, estes serán oportunamente disponibilizados polo profesorado responsábel pola materia através do Campus Virtual e/ou expostos na sala de aulas. O pessoal docente fornecerá, igualmente, as oportunas instrucións para o correcto desenvolvemento de cada unha das actividades previstas.
  3. Todas as actividades ou probas deberán cumprir unhas exixencias mínimas de corrección lingüística (ortografía, puntuación, concordancia sintáctica, ausencia de reiteracións, precisión léxica, rexistro formal…); no caso de deficiencias lingüístico-expresivas, estas poderán ser penalizadas na cualificación segundo os criterios que figuran no documento "Exixencias mínimas de corrección lingüística" (aprobado pola Sección de Galego-Portugués en 6/7/2918 e publicado no Campus Virtual).
  4. Calquera falta de honradez académica (plaxio, utilización de textos ou ideas dotras autorías sen indicar a procedencia, copia en tarefas, traballos ou outras variábeis destas características) será penalizada de acordo coa normativa vixente na UDC. Os traballos presentados polo alumnado poderán ser incorporados ao Turnitin, ferramenta para a detección do plaxio así como de traballos previamente presentados nesta ou noutras universidades, incluso polo/a mesmo/a estudante. En caso de se producir algunha destas circunstancias, poderán ser aplicadas as medidas contempladas nas Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario da Universidade da Coruña (artigo 14.4). No xeral, a realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso "0" na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara a convocatoria extraordinaria.
  5. O estudantado repetidor, a tempo parcial ou con dispensa académica realizará ou entregará as actividades obrigatorias nunha data concertada previamente co/a docente. Este alumnado deberá realizar e entregar as mesmas probas e exercicios que o restante e, se non puider asistir ao atendemento, deberá pórse en contacto co profesorado a través do correo electrónico no inicio do curso. Aquel alumnado que certifique imposibilidade de asistir ás aulas debe tamén contactar co profesorado da materia.
  6. As persoas que non superaren a materia de acordo coa avaliación continuada deberán concorrer á oportunidade de xullo. Para superar a materia nesta segunda oportunidade, o estudantado deberá realizar satisfactoriamente unha proba mixta (5 valores), unha recensión bibliográfica (1 punto) e aquelas leituras (2 valores) e estudos de caso (2 valores) que lle foren encomendados.
  7. O alumnado que se apresentar á convocatoria adiantada de decembro terá de contactar previamente co docente responsábel da materia e, para a superar, terá de realizar unha proba mixta (5 valores), unha recensión bibliográfica (1 punto) e aquelas leituras (2 valores) e estudos de caso (2 valores) que lle foren encomendados.
  8. Será considerado Non Presentado aquel alumnado que non entregar ningunha das actividades previstas neste guía.
  9. A materia pode ser adaptada para estudantes que precisen a adopción de medidas voltadas ao apoio à diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). Se necesario, é posíbel entrar en contacto cos servizos disponíbeis na UDC/ no Centro: coa Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/) dentro dos prazos oficiais estipulados con antecedencia de cada trimestre académico; caso contrario, coa Tutora ADI da Facultade de Filoloxía (no e-mail: pat.filoloxia@udc.gal).
  10.   De acordo co recollido nas diferentes normativas de aplicación para a docencia universitaria, esta materia incorpora a perspectiva de xénero. Será usada
    linguaxe inclusiva e, na medida do posíbel, bibliografía producida
    por persoas de diferentes identidades de xénero. Evitarase a
    discriminación por motivos de xénero na participación do alumnado
    en todos os procesos de ensino e aprendizaxe. Serán fomentados os
    valores do respecto e da igualdade, e non será aceptadas nin a
    reprodución de prexuízos nin as actitudes discriminatorias. Se
    foren identificadas situacións de discriminación por razón de
    xénero, serán propostas accións e medidas concretas para as
    corrixir.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes