Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Literatura Galega e Estudos Socioculturais
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados Ao longo do curso, e sempre baixo a guía e supervisión da docente, o alumnado terá que elaborar varios exercicios escritos a partir das lecturas obrigatorias e dos contidos desenvolvidos nas sesións docentes.
Análise de fontes documentais Como actividade derivada das sesións maxistrais, o alumnado terá que analizar textos (teóricos ou de creación) ou outro tipo de materiais (filmes, hipertextos, etc). Isto implicará un traballo previo que requerirá un esforzo na actividade non presencial.

Lecturas Será preciso realizar para cada sesión e nos prazos determinados unha serie de lecturas básicas, así como as necesarias para a realización dos traballos.
Discusión dirixida Ao longo de varias das sesións do curso, desenvolveranse discusións, moderadas pola profesora, sobre algún dos aspectos do temario. Para poder participar axeitadamente, será imprescindíbel ter realizado as lecturas previas definidas para cada sesión.
Actividades iniciais Toma de contacto para coñecer o nivel de coñecementos, intereses, motivacións, etc.
Eventos científicos e/ou divulgativos Asistencia e participación a eventos relacionados coa materia que se realicen na propia facultade ou noutros lugares accesíbeis para o alumnado.
Presentación oral Cada alumna/o terá que facer unha presentación oral ante o conxunto da aula na data que se determinará a principio de curso. Esta presentación consistirá na exposición das liñas xerais do seu traballo final obrigatorio que, a seguir, serán submetidas a discusión.

Proba de ensaio Proba escrita en que se demostrarán os coñecementos e competencias adquiridos a través do desenvolvemento dun tema con certa amplitude. Cada estudante terá que elaborar un breve ensaio sobre algún aspecto relacionado co temario, cuxa orientación e características formais seguirán as indicacións establecidas previamente pola profesora.

Esta proba permite avaliar a capacidade de crítica, de síntese, de comparación, de redacción e de orixinalidade da/do estudante. Implica, por tanto, un estudo amplo e profundo dos contidos, sen perder de vista o conxunto das ideas e as súas relacións.
Sesión maxistral Nas sesións docentes presentaranse os contidos teóricos da materia en combinación con preguntas dirixidas aos estudantes e propostas de exercicios prácticos. Para cada sesión, o alumnado terá que facer unha serie de lecturas obrigatorias que serán comentadas posteriormente na aula.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes