Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Literatura Galega e Estudos Socioculturais
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Análise de fontes documentais A1 A2 A3 A11 A14 A23 A27 A28 B1 B5 C4 O alumnado terá que analizar en clase textos (teóricos o literarios) ou outro tipo de materiais (filmes, hipertextos, etc). Isto implicará un traballo previo que requerirá un esforzo na actividade non presencial. 20
Proba de ensaio A1 A2 A3 A4 A7 A11 A14 A15 A17 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B9 C1 C6 C8 Proba escrita en que se demostrarán os coñecementos e competencias adquiridos a través do desenvolvemento dun tema con certa amplitude.
Cada estudante terá que elaborar un breve ensaio orixinal sobre un aspecto relacionado con algún punto do programa. Valorarase fundamentalmente a profundidade e o rigor da pesquisa, así como a clareza expositiva e expresiva.
As liñas xerais deste comentario serán presentadas oralmente ao conxunto da aula e submetidas a discusión na data determinada no inicio de curso. O traballo escrito, que formalmente se axustará ás pautas definidas pola profesora, deberá ser entregado no día fixado para o exame oficial da materia.
40
Traballos tutelados A2 A4 A10 A14 A15 A17 B2 B3 B9 C1 C6 C8 Ao longo do curso, e sempre baixo a guía e supervisión da docente, o alumnado terá que elaborar varios exercicios escritos a partir das lecturas obrigatorias e dos contidos desenvolvidos na aula.
20
Discusión dirixida A2 A4 A10 A11 A15 B4 B7 B8 B10 C1 C4 Avaliarase a participación activa nas sesións prácticas dedicadas á posta en común de cuestión e problemas previamente plantexados pola profesora. Para poder participar axeitadamente, será imprescindíbel ter realizado as lecturas previas definidas para cada sesión.
15
Eventos científicos e/ou divulgativos A11 A14 B3 B5 B7 B8 C6 Valorarase a participación nestes eventos a través da realización de fichas resumo e/ou comentarios que se entregarán á profesora. 5
 
Observacións avaliación

Para superar a materia, o alumnado deberá conseguir unha cualificación igual ou superior a 5 puntos no conxunto de actividades que compoñen a avaliación.

O alumnado terá que entregar os traballos e actividades no prazo fixado. Asemade, todas as actividades deberán cumprir unhas exixencias mínimas de corrección lingüística (ortografía, puntuación, concordancia, ausencia de reiteracións, precisión léxica, rexistro formal...). As deficiencias lingüístico-expositivas serán penalizadas na cualificación.
 

SEGUNDA OPORTUNIDADE (XULLO) 

Aquel alumnado que non superase a materia con anterioridade, terá que presentar os exercicios escritos que non fosen avaliados positivamente e o traballo tutelado(no caso de o ter reprobado en xuño). A data limite de entrega será a marcada para o exame do mes de xullo. 

ALUMNADO A TEMPO PARCIAL OU CON DISPENSA ACADÉMICA  
O alumnado que estea matriculado a tempo parcial ou que conte con dispensa académica terá condicións especiais de avaliación:
1. Traballos tutelados: 40%, que incluirá a presentación oral.
2. Proba mixta: 40%
3. Análise de fontes documentais: 20% (presentación dun comentario escrito e doutro oral)

Para fixar as datas das presentacións orais o alumnado deberá poñerse en contacto coa profesora (carme@udc.gal) nas dúas primeiras semanas do curso.
 

AVALIACIÓN DA OPORTUNIDADE ADIANTADA DE DECEMBRO
Nesta oportunidade adiantada cada alumno/a será avaliado/a mediante unha "Proba mixta", que suporá o 50 % da cualificación final e que terá lugar na data oficial marcada pola Facultade de Filoloxía, e un traballo tutelado puntuábel nun 50%. 

NON PRESENTADO/A 
Considerarase como NON PRESENTADO/A o/a alumno/a que non entregue o traballo final obrigatorio ou non realice a proba escrita.

ALUMNADO REPETIDOR 
O alumnado repetidor que non poida asistir ás aulas deberá comunicalo a través dun correo electrónico á profesora (carme@udc.gal) nas dúas primeiras semanas do curso. Neste caso, o seu sistema de avaliación será similar ao do alumnado con dispensa académica.

OUTRAS PRECISIÓNS

Todas as actividades ou probas deberán cumprir unhas exixencias mínimas de corrección lingüística (ortografía, puntuación, concordancia sintáctica, ausencia de reiteracións, precisión léxica, rexistro formal…); no caso de deficiencias lingüístico-expresivas, estas poderán ser penalizadas na cualificación, segundo o documento "Exixencias mínimas de corrección lingüística" (aprobado pola Sección de Galego-Portugués o 6/7/2018 e pendurado en Moodle). 

Os traballos presentados polo alumnado poderán ser incorporados ao Turnitin, ferramenta para a detección do plaxio así como de traballos previamente presentados nesta ou noutras universidades, incluso polo mesmo/a alumno/a. En caso de que se produza algunha destas circunstancias, poderán ser aplicadas as medidas contempladas nas Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario da Universidade da Coruña (artigo 14.4).

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes