Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Lingua Portuguesa 2
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Presentación oral A8 A15 B3 B4 C2 Cada alumno ou alumno terá de realizar unha proba oral, orientada á demostración da súa competencia comunicativa en lingua portuguesa. 20
Traballos tutelados A8 A10 A15 B1 B3 B6 B7 C2 C4 Os traballos individuais e grupais (tanto presenciais como non presenciais) encomendados polo profesorado ao longo do curso suporán un 20 % da nota final.
Terase en conta especialmente a aprendizaxe colaborativa.
20
Proba obxectiva A1 A2 A4 A8 A10 A11 A15 A22 A26 A28 B1 B3 B5 B7 C2 O estudantado deberá realizar unha proba obxectiva de comprensión oral e escrita e de produción escrita (exercicios, elaboración de textos breves), en que se avaliarán os coñecementos adquiridos tanto nas sesións maxistrais como nos grupos intermedios e pequenos. 50
Discusión dirixida A8 A10 A15 A20 B4 B5 B7 B10 C2 C4 As intervencións orais de cada estudante durante as discusións dirixidas (conversa) corresponderanse cun 10 % da nota final. 10
 
Observacións avaliación

1.
OBSERVACIÓNS XERAIS

1.1. Todas
as actividades deberán ser entregadas de acordo cos prazos e cos procedementos
fixados no cronograma que o profesorado fornecerá ao alumnado no inicio das
sesións e que subirá ao campus virtual. 

1.2. Para
superar a materia, o alumnado deberá conseguir unha cualificación igual ou
superior a 5 puntos sobre 10. Na proba obxectiva deberá obter como mínimo 5
puntos sobre 10 para poder sumar os restantes elementos de avaliación.

1.3. Se
houber criterios específicos de avaliación para algunha das tarefas propostas,
estes serán oportunamente disponibilizados polo profesorado en formato
"rúbrica" nas aulas ou a través do campus virtual. O / A docente achegará,
igualmente, as oportunas instrucións para o correcto desenvolvemento de cada
unha das actividades previstas.

1.4. Os
traballos tutelados entregaranse na  aula, en papel, nos días fixados polo
profesorado.

1.5.
Aplicarase unha penalización do 25% sobre a cualificación final das actividades
se estas se entregaren fóra de prazo sen causa xustificada.

1.6. Os / As
alumnos/as que non superaren a materia na 1.ª oportunidade (xaneiro) poderán recuperala parcial ou
totalmente na 2.ª oportunidade (xullo) segundo as normas detalladas na epígrafe
seguinte.

1.7. Tanto
as actividades como as probas deberán cumprir unhas exixencias mínimas de
corrección lingüística (ortografía, puntuación, concordancia sintáctica,
ausencia de reiteracións, precisión léxica, rexistro formal…); no caso de
deficiencias lingüístico-expresivas, estas poderán ser penalizadas na
cualificación, segundo o documento "Exixencias mínimas de corrección
lingüística" (aprobado pola Sección de Galego-Portugués o 6/7/2018 e
pendurado no campus virtual).

1.8. Os
traballos presentados polo alumnado poderán ser incorporados ao Turnitin, ferramenta
para a detección do plaxio (mesmo de traballos previamente presentados nesta ou
noutras universidades polo/a estudante).

1.9. En
calquera actividade avaliábel a falta de honradez académica implicará que o/a estudante sexa
cualificado/a con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente
do curso académico, tanto se a comisión da falta se producir na
primeira oportunidade como na segunda. Para isto, modificarase a súa
cualificación na acta de primeira oportunidade, se for necesario.

1.10. A
materia poderá ser adaptada ao estudantado que precisar da adopción de medidas encamiñadas
ao apoio á diversidade consonte as indicacións da Unidade de Atención á Diversidade
(https://www.udc.es/cufie/ADI/), coa cal se deberá contactar nos prazos estabelecidos
por esta unidade. Pódese contar tamén co asesoramento da orientadora ADI da
facultade (pat.filoloxia@udc.gal).

1.11. Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a
docencia universitaria, deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta
materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as
de ambos os sexos, propiciarase a intervención na aula de alumnos de e de alumnas
etc.).

Traballarase para identificar e modificar preconceptos e actitudes
sexistas e influirase na contorna para os modificar e fomentar valores de
respecto e de igualdade.

Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e
proporanse accións e medidas para as corrixir.

2.
CUALIFICACIÓN  NA 2.ª OPORTUNIDADE (XULLO)

2.1. As
persoas que non superaren a materia de acordo coa avaliación continuada deberán
entregar en xullo, nas datas reservadas para a avaliación pola Facultade de
Filoloxía, os traballos que se lles solicitaren e superar tamén aquelas probas
(orais e / ou escritas) fixadas polo profesorado da materia.

 

3.
CUALIFICACIÓN DE NON PRESENTADO/A (NP)

3.1. Será
considerado/a Non Presentado/a aquel alumno ou alumna que non compareza á proba
escrita ou que non entregue ningunha das actividades.

 

4. ALUMNADO
A TEMPO PARCIAL E CON DISPENSA ACADÉMICA

4.1. O
estudantado a tempo parcial e con dispensa académica realizará ou entregará as
actividades obrigatorias nunha data concertada previamente co profesorado. Este
alumnado deberá realizar e entregar as mesmas probas e exercicios que o
restante (os traballos relativos á discusión dirixida solicitaránselle por e-mail) e,
se non puidese asistir ás titorías, deberá contactar cos / coas docentes a
través do correo electrónico.

 

5.
CONVOCATORIA DE DECEMBRO

5.1. O
alumnado que se presentar á convocatoria de decembro será avaliado da seguinte
manera: proba obxectiva (50 %), presentación oral (20 %) e traballos tutelados
(30 %).

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes