Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Lingua Galega: Norma e Usos
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A1 A9 A10 A21 B5 Na 1.ª oportunidade (xaneiro) realizarase unha PROBA MIXTA ESCRITA en que se avaliarán os contidos e as competencias adquiridas na materia. Esta proba realizarase na data, hora e lugar estabelecidos no calendario oficial de exames da Facultade de Filoloxía. 50
Presentación oral A4 B4 C1 Na PRESENTACIÓN ORAL derivada do "Traballo Tutelado" avaliarase a competencia comunicativa (comprensión, expresión e interacción orais), a calidade da lingua e os recursos expositivos empregados polo alumnado. 10
Obradoiro A1 A29 B1 B7 Nas sesións de OBRADOIRO realizaranse actividades prácticas avaliábeis derivadas das SESIÓNS MAXISTRAIS (análise de textos, estudo de fontes documentais, comentarios de lecturas etc.). 10
Traballos tutelados B1 B2 B3 C4 C7 No TRABALLO TUTELADO porase en valor fundamentalmente a profundidade e o rigor da pesquisa, a clareza expositiva e a calidade expresiva. 30
 
Observacións avaliación

Cuestións xerais:

1. Para superar a materia, o alumnado deberá
conseguir globalmente unha cualificación igual ou superior a 5 valores
sobre 10. Na proba mixta terá de obter como mínimo 4 valores sobre 10
para poder sumar os restantes elementos de avaliación.

2. O alumnado terá de entregar os traballos no
prazo fixado, os cales deberán cumprir unha exixencais mínimas de corrección
lingüística (ortografía, puntuación, concordancia sintáctica, ausencia
de reiteracións, precisión lexica, rexistro formal etc.); no caso de
deficiencias lingüístico-expresivas, estas poderán ser penalizadas na
cualificación, segundo o documento Exixencias mínimas de corrección lingüística (aprobado pola Sección Departamental de Galego-Portugués no día 06.07.2018 e pendurado en Moodle).

3. O
alumnado con matrícula parcial e/ou dispensa académica deberá realizar e
entregar as mesmas probas e exercicios que o restante estudantado. Se non puider
asistir ás titorías, deberá pórse en contacto co profesor a través do correo electrónico. Tamén deberán pórse en contacto con el aquelas persoas cuxo horario laboral for incompatíbel co
seguimento da materia, mais que non cumpriren as condicións para obteren a
dispensa académica; após as pertinentes comprobacións, poderán ter
condicións de avaliación equivalentes aos casos da dispensa académica.

4.
Na segunda oportunidade, en xullo, o alumnado será avaliado cos mesmos
criterios que na ocasión anterior, só que o "Traballo tutelado" pasará a ser puntuado con 4 valores, absorbendo así o "Obradoiro", que desaparece como elemento de avaliación. Antes da data oficial do exame ten de ser entregue o "Traballo tutelado". No caso da "Presentación oral", marcarase un día
para a súa realización. De haber convocatoria adiantada de decembro, serán aplicados
idénticos principios de avaliación que na oportunidade de xullo.

5. A
cualificación de NON PRESENTADO/A será considerada cando se der algún
dos seguintes supostos: a) o alumno ou a alumna non realizou a "Proba
mixta"; b) a alumna ou o alumno non entregou nin realizou ningunha das actividades
previstas ("Traballo tutelado", "Presentación oral", "Obradoiros"); c) o alumno
ou a alumna non fixo nin a "Proba mixta" nin realizou ningunha das
actividades programadas ("Traballo tutelado" e "Presentación
oral", "Obradoiros").

Aviso importante: Os traballos presentados polo alumnado poderán
ser incorporados ao Turnitin, ferramenta para a detección do plaxio e de
traballos previamente presentados nesta ou noutras universidades,
inclusive pola/o mesma/o estudante. Se se producir algunha destas
circunstancias, poderán ser aplicadas as medidas contempladas nas Normas
de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de
grao e de mestrado universitario da Universidade da Coruña
(artigo 14.4).

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes