Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Lingua Galega: Norma e Usos
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A1 A9 A10 A21 B5 Na PROBA MIXTA ESCRITA avaliaranse os contidos e as competencias adquiridas na materia. Esta proba realizarase na data, hora e lugar estabelecidos no calendario oficial de exames da Facultade de Filoloxía. 60
Presentación oral A4 B4 C1 Na PRESENTACIÓN ORAL derivada do "Traballo Tutelado" avaliarase a competencia comunicativa (comprensión, expresión e interacción orais), a calidade da lingua e os recursos expositivos empregados polo alumnado. 10
Obradoiro A1 A29 B1 B7 Nas sesións de OBRADOIRO realizaranse actividades prácticas avaliábeis derivadas das SESIÓNS MAXISTRAIS (análise e corrección de textos, estudo de fontes documentais, comentarios de lecturas etc.) e tamén se avaliarán a asistencia e a participación. 20
Traballos tutelados B1 B2 B3 C4 C7 No TRABALLO TUTELADO porase en valor fundamentalmente a profundidade e o rigor da pesquisa, a clareza expositiva e a calidade expresiva. 10
 
Observacións avaliación

Cuestións xerais:
1. Para superar a materia, o alumnado deberá conseguir globalmente unha cualificación igual ou superior a 5 puntos sobre 10. Na proba mixta terá de obter como mínimo 5 puntos sobre 10 para poder sumar os restantes elementos de avaliación.

2. O alumnado terá de entregar os traballos e actividades no prazo fixado, os cales deberán seguir as pautas marcadas en cada caso, polo que se se entregaren fóra de prazo ou non cumpriren as pautas non serán obxecto de avaliación. Así mesmo, todos os traballos e actividades deberán cumprir unhas exixencias mínimas de corrección lingüística (ortografía, puntuación, concordancia sintáctica, ausencia de reiteracións, precisión léxica, rexistro formal etc.); no caso de deficiencias lingüístico-expresivas, estas poderán ser penalizadas na cualificación, segundo o documento Exixencias mínimas de corrección lingüística (aprobado pola Sección Departamental de Galego-Portugués no día 06/07/2018 e pendurado no Campus Virtual no inicio do curso).

3. O alumnado con matrícula parcial e/ou dispensa académica oficial concedida deberá realizar e entregar as mesmas probas e exercicios que o restante estudantado, polo deberá contactar co profesorado da materia para adaptar as actividades presenciais.

4. Na 2.ª oportunidade o alumnado será avaliado cos mesmos criterios que na 1.ª oportunidade, salvo as actividades prácticas presenciais que pasarán a ser substituídas por outras similares e que se entregarán nos prazos marcados polo profesor. No caso da "Presentación oral", marcarase un día para a súa realización.

5. De haber convocatoria adiantada de decembro, serán aplicados idénticos principios de avaliación que na 2.ª oportunidade.

6. A cualificación de NON PRESENTADO/A será considerada cando o alumnado non se presentar á "Proba mixta" e non entregar ningunha das actividades contempladas na avaliación.

7. A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas de apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar cos servizos disponíbeis na UDC/no Centro: nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuatrimestre académico, coa Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/); no seu defecto, coa Titora ADI da Facultade de Filoloxía (no seguinte enderezo electrónico: pat.filoloxia@udc.gal).

8. Calquera falta de honradez académica (copia, plaxio, utilización de material non orixinal ou ideas doutras autorías sen indicación expresa da súa procedencia etc.), tanto na realización de traballos como na proba mixta, será penalizada de acordo co estipulado nas “Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario” e no “Regulamento disciplinar do estudantando da Universidade da Coruña”. Así, o/a estudante será cualificado/a con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se producir na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, modificarase a súa cualificación na acta da primeira oportunidade, se for necesario. Para detectar o plaxio ou o uso de intelixencia artificial nas actividades poderán empregarse aplicacións informáticas como Turnitin.

9. Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria, nesta materia será incorporada a perspectiva de xénero: usarase linguaxe non sexista, utilizarase -na medida do posíbel- bibliografía de persoas de diferentes identidades de xénero, propiciarase a intervención de alumnos e de alumnas na aula... Alén disto, serán fomentados os valores do respecto e da igualdade, e non será aceptadas nin a reprodución de prexuízos nin as actitudes discriminatorias. Finalmente, se foren identificadas situacións de discriminación por razón de xénero, serán propostas accións e medidas concretas para corrixilas.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes