Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Gramática Galega
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Presentación, desenvolvemento e análise de contidos teóricos e procedementais precisos para o alumnado atinxir as competencias e destrezas previstas na materia.
Obradoiro Realizaranse diversas actividades prácticas, en que se inclúen exercicios escritos, solucións de problemas, probas de discriminación, probas de completar, corrección de textos, análise de fontes documentais, prácticas a través de TIC e traballo en grupo e aprendizaxe colaborativa. Algunhas destas prácticas faranse en horas non presenciais e deberán entregarse nos prazos marcados.
Traballos tutelados Cada estudante deberá realizar un traballo tutelado sobre un tema relacionado cos contidos da materia e que deberá escoller de acordo co profesor. Nel deberá verificarse o feito de conseguir información por si propio e a habilidade de interrelacionar diferentes contidos, ao paso que tamén ten de demostrar que posúe unha práctica lingüística de calidade.
Presentación oral Exposición oral, na aula, en que cada estudante explicará a metodoloxía, desenvolvemento e resultados da pesquisa realizada no "Traballo Tutelado".
Proba mixta Proba escrita que combinará actividades de carácter ensaístico, exercicios prácticos etc.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes