Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Lingua e Variación no Espazo Galego-Portugués
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro A15 A10 B8 Realización de actividades prácticas derivadas das sesións maxistrais: comentarios de texto, de mpas, discusión de casos, comentarios das lecturas etc. As lecturas obrigatorias serán indicadas polo profesor no inicio do curso. 20
Proba mixta A15 A25 A26 B5 Nesta proba, o alumnado deberá desenvolver temas e/ou preguntas relacionadas cos contidos vistos nas aulas, combinados con probas de tipo práctico. 50
Traballos tutelados A15 B1 B2 B3 B5 C8 C7 Neste tipo de probas serán tidos en conta como valores da cualificación o correcto desenvolvemento do tema proposto, a clareza expositiva e argumentativa e a calidade lingüística. O traballo tutelado deberá ser exposto oralmente na data marcada para iso e a dita exposición poderá ser tida en conta para a avaliación. 30
 
Observacións avaliación

Observacións previas:

Se necesario, a docencia da materia poderá ser adaptada ao estudantado que precisar de medidas encamiñadas a apoiaren a diversidade, en harmonía coas indicacións da Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es.cufie/ADI) con que se deberá contactar nos prazos estabelecidos por este órgao. Tamén se terán en conta as indicacións da titoria ADI da Facultade de Filoloxía (pat.filoloxía@udc.gal).

Cuestións xerais:

1. Para superar a materia, o alumnado deberá conseguir globalmente unha cualificación igual ou superior a 5 puntos sobre 10. Na proba mixta terá de obter como mínimo 5 puntos sobre 10 para poder sumar os restantes elementos de avaliación.

2. O alumnado terá de entregar os traballos e actividades no prazo fixado, os cales deberán cumprir unha exixencias mínimas de corrección lingüística (ortografía, puntuación, concordancia sintáctica, ausencia de reiteracións, precisión lexica, rexistro formal etc.); no caso de deficiencias lingüístico-expresivas, estas poderán ser penalizadas na cualificación, segundo o documento Exixencias mínimas de corrección lingüística (aprobado pola Sección Departamental de Galego-Portugués no día 06.07.2018 e pendurado en Moodle).

3. O alumnado con matrícula parcial e/ou dispensa académica deberá realizar e entregar as mesmas probas e exercicios que o restante. Se non puider asistir ás titorías, deberá pórse en contacto co profesor a través do correo electrónico. Tamén deberán pórse en contacto co
profesorado aquelas persoas cuxo horario laboral for incompatíbel co
seguimento da materia, mais que non cumpriren as condicións para obteren a
dispensa académica; após as pertinentes comprobacións, poderán ter
condicións de avaliación equivalentes aos casos da dispensa académica.

4. Na segunda oportunidade, en xullo, será tida en conta a mesma distribución: proba mixta (50), traballo tutelado (30), lecturas (20). Se houber convocatoria adiantada de decembro, os criterios de avaliaciíon serán os mesmos que os de xullo.

5. A cualificación de NON PRESENTADO/A será considerada cando o/a alumno/a non realizar a proba mixta e/ou cando tiver entregado menos de 50% do número de actividades totais.

Aviso importante: Os traballos presentados polo alumnado poderán ser incorporados ao Turnitin, ferramenta para a detección do plaxio e de traballos previamente presentados nesta ou noutras universidades, inclusive pola/o mesma/o estudante. Se se producir algunha destas circunstancias, poderán ser aplicadas as medidas contempladas nas Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e de mestrado universitario da Universidade da Coruña (artigo 14.4).

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes