Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Literatura Comparada
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A1 A2 A3 A4 A5 A idoneidade, coherencia e valor académico do traballo proposto serán tidos en conta na súa cualificación 80
Presentación oral A4 A7 A8 A9 A27 B4 B9 B12 B13 C1 C3 Habilidade comunicativa e destreza no dominio da lingua oral durante a exposición do proxecto de investigación na aula ou, no seu caso, na explicación oral da segunda oportunidade. 20
 
Observacións avaliación

Na aula, ao comezo do curso, especificarase os pormenores da realización do traballo tutelado. A presentación oral dese traballo (duración e ferramentas empregadas) realizarase nos últimos días do curso. Os plaxios serán detectados coa aplicación informática que a UDC pon a disposición dos docentes e os traballos nos que o alumno plaxie serán penalizados cun 0,00.

A proba da primeira oportunidade consistirá na entrega dese traballo tutelado, axeitadamente deseñado e impreso. Será considerado NP o alumno que non o entregue. 

Na segunda oportunidade, a proba consistirá na entrega dese traballo tutelado.

O estudiante que se presente á convocatoria adiantada (en decembro) deberá axustarse ás normas que rexen para a 2º oportunidade (a de xullo).

Os traballos deben expoñerse e redactarse con corrección lingüística: o docente baixará a nota  por erros de acentuación, ortografía, puntuación ou concordancia sintáctica. Ou por redundancias excesivas, falta de precisión ou pobreza léxica, uso de abreviaturas ou utilización dun rexistro non formal. 

Repetidores ou alumnos con exención de asistencia, por razóns laborais ou doutra índole, deberán poñerse en contacto co docente ao inicio do curso -e non máis tarde- para a organización da súa docencia. Programaranse titorías presenciais e non presencias para cursar satisfactoriamente a materia.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes