Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Narrativa e Ensaio en Lingua Galega e Portuguesa
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A2 A3 A11 A14 A17 A18 A19 A20 A23 A27 A28 B5 Traballo en que ao alumnado, individualmente ou en grupo, estuda de maneira monográfica algún aspecto do temario, de preferencia relacionado con os contidos do tema 2. Contará co apoio e supervisión do profesorado, durante as aulas e en sesións específicas. Serán avaliados o rigor teórico e formal, a capacidade analítica e relacional e a elaboración de reflexións críticas. 30
Proba mixta A28 A27 A23 A20 A19 A18 A17 A15 A14 A11 A10 A8 A7 A4 A3 A2 A1 B1 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 C2 C4 Proba escrita que combinará actividades de carácter ensaístico con comentario de textos e análise de fontes documentais, avaliando tanto a precisión expresiva e conteudística, canto o axeitamento do disertado, do comentado ou do analizado ás competencias a adquirir e aos obxectivos a atinxir, previamente formulados para cada unha das tres modalidades polo profesor. 40
Lecturas A2 A4 A7 A8 A10 A11 A15 A18 A19 A20 B1 B6 B9 O control das lecturas dos libros de leitura obrigatoria será realizado en sesións específicas na sala de aulas. O control das leituras breves realizadas terá lugar nas sesións correspondentes aos obradoiros.
En ambos os casos será avaliada a capacidade de compreensión e síntese estruturada das principais ideas contidas nos materiais obxecto da leitura, en relación cos conteúdos focados e as competencias previstas na materia.
10
Obradoiro A1 A2 A8 A14 A18 A20 B1 B3 Avaliación das actividades de diferente tipoloxía referidas na metodoloxía, incluídas as lecturas de artigos teóricos e metodolóxicos e outros textos breves, e de algunhas das obras ensaísticas e de ficción. Será proposta a realización de presentacións, debates, comentarios de textos e outro tipo de actividades. Será avaliada a participación e o traballo en equipo, a capacidade analítica e crítica, e a adecuación aos obxectivos formulados polo profesor para cada actividade destas características. 20
 
Observacións avaliación

A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade consonte ás indicacións da Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/), coa que se deberá contactar nos prazos establecidos por esta unidade. Pódese contar tamén co asesoramento da titora ADI da facultade (pat.filoloxia@udc.gal).

Para superar a materia, o alumnado deberá conseguir unha
cualificación igual ou superior a 5 puntos sobre 10. Así mesmo, na proba
mixta deberá obter como mínimo 4 puntos sobre 10, para poder sumar os
restantes elementos avaliables/instrumentos de avaliación.

O alumnado terá que entregar os traballos e actividades no prazo fixado.

O

alumnado que se vaia presentar á convocatoria adiantada de decembro,
con matrícula parcial, semipresencial, dispensa académica ou calquera
outra particularidade especial deberá pórse en contacto cos profesores
ao comezo do curso a través do correo
electrónico e/ou utilizar o horarío de titorías fixado polo centro. En
todos estes casos (e salvo excepcións motivadas e xustificadas), haberá
que superar as mesmas probas e cumprir as mesmas exixencias antes
indicadas para a primeira convocatoria (ordinaria).

Na segunda
oportunidade, para superar a materia, tamén haberá que realizar as
mesmas probas e cumprir as mesmas exixencias que na primeira
(ordinaria).

A
cualificación de NON PRESENTADO/A será considerada cando o/a alumno/a non
asistir á proba mixta e/ou cando tiver entregado un número das
actividades contempladas inferior ao 50%

___________________

Os
traballos presentados polo alumnado poderán ser incorporados ao
Turnitin, ferramenta para a detección do plaxio así como de traballos
previamente presentados nesta ou noutras universidades, incluso polo /a
mesmo/a alumno/a. En caso de que se produza algunha destas
circunstancias, poderán ser aplicadas as medidas contempladas nas Normas
de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de
grao e mestrado universitario da Universidade da Coruña (artigo 14.4).

Cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia en que se cometese: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.

_______________

Todas
as actividades ou probas deberán cumprir unhas exixencias mínimas de
corrección lingüística (ortografía, puntuación, concordancia sintáctica,
ausencia de reiteracións, precisión léxica, rexistro formal…); no caso
de deficiencias lingüístico-expresivas, estas poderán ser penalizadas na
cualificación, segundo o documento "Exixencias mínimas de corrección
lingüística" (aprobado pola Sección de Galego-Portugués o 6/7/2018 e
pendurado en Moodle).

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes