Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Teatro en Lingua Galega e Portuguesa
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Lecturas A2 A17 A18 A19 A20 O control das lecturas será realizado por medio da participación na aula nos diálogos posteriores ás presentacións orais individuais. 30
Presentación oral A2 A11 B1 B6 B7 O/a estudante deberá realizar un mínimo de dúas presentacións de monumentos dramáticos escritos en lingua galega ou portuguesa, unha síncrona presencial e a outra, gravada. Se o número de persoas matriculadas fose elevado, o/a docente poderá propor que se a presentación síncrona presencial se realice por parellas.
Avaliarase a capacidade de focar os aspectos centrais da obra e a súa singularidade, así como de a pór en relación coas temáticas e correntes comentadas nas sesións expositivas. Tamén se ponderará a escolla e comentario oral dun fragmento da mesma.
30
Eventos científicos e/ou divulgativos A2 A11 B8 O alumnado deberá asistir ora a un espectáculo teatral programado na contorna, ora a unha palestra especializada sobre teatro en lingua galega e portuguesa. Posteriormente, deberá realizar un informe -oral ou escrito- sobre o mesmo.
O docente comunicará nas primeiras sesións presenciais a natureza e lugar de celebración do evento e, se for preciso, presentará alternativas para o alumnado que non puider asistir ao inicialmente programado.
10
Discusión dirixida A11 A14 B1 B5 B7 As sesións de aula comenzarán coa posta en común dos lecturas preparatorias previas, nunha rolda voluntaria en que o alumnado desambiguará os termos centrais do texto, focará os aspectos máis significativos, levantará cuestións derivadas e porá en relación os aspectos recollidos na lectura con outros contidos da materia. Esta participación ao longo do cuadrimestre será avaliada até ao 15% da cualificación final.
Aliás, o estudantado participará -nun contexto formal e coas claves da redacción académica- nun foro de discusión asíncrona aberto no Moodle en que o docente proporá unhas liñas temáticas ou preguntas sobre un dos contidos da materia. Para unha correcta participación será preciso realizar unhas lecturas previas sinaladas desde a primeira sesión.
Serán avaliados tanto a interiorización das lecturas e a capacidade de identificar os aspectos máis relevantes, como o diálogo estabelecido co resto de integrantes da turma (para o que será preciso unha lectura demorada dos seus comentarios).
30
 
Observacións avaliación
Exercicios obrigatorios

Para superar a materia será requisito indispensábela realización das presentacións orais e a participación na discusión dirixida. Quen non realizar ambos os exercicios será considerada/o NON PRESENTADA/O.

Docencia semipresencial e alumnado con dispensa académica
As persoas con matrícula a tempo parcial e/ou dispensa académica deberán porse en contacto co docente en horario de titorías ou a través do correo electrónico. Estas persoas acompañarán o curso a través das ferramentas de comunicación asíncrona determinadas polo docente nos prazos específicos que se estabelecerán a tal efecto, que o profesor comunicará ao alumnado atinxido ao inicio do curso e que estarán publicados no campus virtual. Aplicaranse os mesmos criterios de avaliación e as metodoloxías pasarán a ser asíncronas.

Segunda oportunidade e convocatoria adiantada
Na segunda oportunidade (xullo) e na convocatoria adiantada de decembro haberá que realizar os mesmos traballos e probas que na primeira e o alumnado será avaliado cos mesmos criterios e coas mesmas porcentaxes que na oportunidade anterior. Caso de non ter realizado durante o cuadrimestre algunha das actividades avaliábeis, abrirase un novo prazo para a súa presentación. A presentación oral presencial e a discusión dirixida síncrona sobre a mesma realizaranse en diálogo co docente (e as outras persoas da oportunidade de xullo, se as hober) no día e hora marcados para o exame final oficial. Nese momento tamén se realizará unha proba mixta en que se presentará ao alumnado un texto dramático para pór en relación coas lecturas, que serán avaliadas através desa proba.
As persoas que se matricularen na convocatoria adiantada de decembro deberán contactar co profesor antes de o mes de novembro concluír.

Honestidade académica
Salvagardando en todo o momento os dereitos de autoría e protexendo os datos dos mesmos, os traballos académicos presentados polo alumnado da materia poderán ser incorporados á base de datos dunha ferramenta de detección de plaxio ou de presentación do mesmo exercicio en varias materias. De se producir algunha destas circunstancias, o traballo ficará anulado e activaranse as medidas recollidas nas "Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario da UDC".

Apoio á diversidade
A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precisar da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade, consonte ás indicacións da Unidade de Atención á Diversidade (https:/www.udc.es/cufie/ADI), coa que deberá contactar nos prazos estabelecidos por esta unidade. Pódese contar tamén co asesoramento da titora ADI da facultade (pat.filoloxia@udc.gal).

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes