Teaching GuideTerm
Faculty of Philology
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Lingua Española 1
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Lingua Española 1 Código 613G03001
Titulación
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
Veleiro Perez, Ana Maria
Correo electrónico
ana.veleiro@udc.es
Profesorado
Gonzalez Garcia, Luis
Rojo Mejuto, Natalia
Veleiro Perez, Ana Maria
Correo electrónico
luis.gonzalezg@udc.es
natalia.rojo@udc.es
ana.veleiro@udc.es
Web
Descrición xeral Estudo descritivo e instrumental da lingua española. Elaboración e análise de textos orais e escritos de diferentes ámbitos.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non se prevén modificacións nos contidos. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen - Sesión maxistral - Lecturas - Solución de problemas - Obradoiro *Metodoloxías docentes que se modifican - Eventos científicos e/ou divulgativos (en caso de confinamento non será posible acudir a actos públicos). - Proba mixta (non se realizará. A avaliación destes contidos distribúese entre as metodoloxías solución de problemas e obradoiro). 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado -Correo electrónico. Diariamente. Utilizarase para atender as consultas de tipo particular do alumnado. -Moodle. Varias veces por semana, segundo as necesidades. Usarase para proporcionar ao alumnado o material necesario para a docencia e avaliación. Tamén se utilizarán distintos tipos de foros para resolver consultas de carácter colectivo sobre a elaboración das actividades ou sobre o contido das sesións expositivas. -Teams. Semanalmente. A docencia expositiva e interactiva realizarase mediante videoconferencia no horario aprobado pola xunta de facultade. OBRADOIRO: Realizarase en Moodle, mediante actividades interactivas deseñadas para que o alumnado poida aplicar o contido teórico á práctica, así como exercicios individuais ou grupais. 4. Modificacións na avaliación En caso de docencia non presencial variará a porcentaxe dos sistemas de avaliación do seguinte xeito: - Proba mixta. Elimínase. - Solución de problemas. Sube a súa porcentaxe na avaliación de 30 % a 60%. - Obradoiro. Sube a súa porcentaxe na avaliación de 20 % a 40 %. *Observacións de avaliación: O apartado solución de problemas pasa a valer o 60 %. Constará de tres probas que se realizarán telematicamente de forma asíncrona mediante Office Forms ou Moodle: - Test de morfoloxía e clases de palabras (20 %) - Test de grupos sintácticos, de funcións da oración simple y de diátese (20 %) - Análise de oración composta (20 %) O obradoiro pasa a valer o 40 %. Os catro exercicios coas correspondentes instrucións serán remitidos por Moodle. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Ningunha.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes