Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Lingua Española 1
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro A1 A2 A3 A5 A9 A10 A11 A14 A15 B2 B3 B4 B6 B7 C1 C3 C8 Valorarase a produción de textos dotados de coherencia e cohesión, adecuados á situación comunicativa e correctos. O obradoiro avaliarase especificamente cunha tarefa realizada en grupo, que consistirá na elaboración dun resumo, excepto no caso dos alumnos con dispensa académica, que será individual (v. infra).
10
Solución de problemas A1 A2 A3 A5 A9 A10 A15 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C3 C6 Avaliación das actividades e pequenas probas que se susciten ao longo do curso. Avisarase con antelación das datas de realización das pequenas probas. 40
Proba mixta A1 A5 A9 A10 A15 B4 B5 B6 B10 C1 C6 Realizarase unha proba mixta en xaneiro e outra en xullo os días sinalados oficialmente pola facultade.
Neste exame evaluaranse todos os temas incluídos no estudo descriptivo da lingua (primeiro bloque do temario). Valorarase a consecución das competencias adquiridas: o coñecemento dos mecanismos básicos de descrición do español, a asimilación das lecturas realizadas e a aplicación destes coñecementos á práctica. As actividades do exame serán semellantes ás suscitadas en clase.
50
 
Observacións avaliación

- Para superar a materia, a cualificación mínima da proba mixta deberá ser de 4 puntos sobre 10.

- Cualificarase como "non presentado"
quen non se presente ao exame final oficial nin na primeira
oportunidade (mes de xaneiro) nin na segunda (finais de xuño-xullo),
independientemente do número de actividades entregadas.

- Na segunda edición de actas (mes de xullo) poderanse recuperar todos os instrumentos de avaliación arriba descritos coas mesmas porcentaxes que na primeira edición.

-
Os traballos ou actividades entregaranse como se indíque en cada caso,
ben por correo electrónico desde a dirección que a UDC proporciona a
cada estudante, ben en clase, en man. O estudante comprométese a gardar unha copia de cada traballo, en previsión de problemas na recepción. Deben entregarse no prazo fixado.

- Para aprobar a asignatura, as actividades, os textos e os exames deben cumprir unhas esixencias mínimas de corrección lingüística (ortografía,
puntuación, concordancia sintáctica, ausencia de reiteracións,
precisión léxica, rexistro formal, etc.). Faltas de ortografía como uso
incorrecto de acentos, puntuación, etc., descontarán 0,2 puntos; no caso
das faltas graves, descontaranse 0,5 puntos.

- O plaxio
(é dicir, a utilización de textos ou ideas doutros autores sen indicar a
fonte de procedencia), mesmo parcial, ou calquera outra falta de
honradez académica, dará lugar á descalificación automática da
actividade.

- Alumnos con dispensa académica recoñecida. Aplicaráselles o mesmo sistema de avaliación, salvo que, no seu caso, a actividade coa que se avaliará o obradoiro será individual.

- Alumnos que precisan medidas de apoio á diversidade. Aplicaráselles o mesmo sistema de avaliación (coa implementación e
flexibilidade que requira a situación concreta do estudante).

- Alumnos erasmus e estranxeiros.
Recoméndase un nivel equivalente a B1 como mínimo para matricularse na
materia. Ao final de curso, esixirase para superar a materia un nivel
equivalente a B2.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes