Guia docenteCurso
Facultad de Filología
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Lingua Española 1
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro A1 A2 A3 A5 A9 A10 A11 A14 A15 B2 B3 B4 B6 B7 C1 C3 C8 Valorarase a produción de textos dotados de coherencia e cohesión, adecuados á situación comunicativa e correctos. O obradoiro avaliarase mediante unha tarefa dacordo coas indicacións que se farán públicas a través de Moodle nos primeiros días do curso. 20
Solución de problemas A1 A2 A3 A5 A9 A10 A15 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C3 C6 Avaliación de actividades e probas que se realizarán a lo longo do cuadrimestre. 30
Proba mixta A1 A5 A9 A10 A15 B4 B5 B6 B10 C1 C6 Realizarase unha proba mixta en xaneiro e outra en xullo os días sinalados oficialmente pola facultade.
Neste exame evaluaranse todos os temas incluídos no estudo descriptivo da lingua (primeiro bloque do temario). Valorarase a consecución das competencias adquiridas: o coñecemento dos mecanismos básicos de descrición do español, a asimilación das lecturas realizadas e a aplicación destes coñecementos á práctica.
50
 
Observacións avaliación

- Para superar a materia, a cualificación mínima da proba mixta deberá ser de 4 puntos sobre 10.

- Cualificarase como "non presentado" quen non se presente ao exame final oficial nin na primeira oportunidade (mes de xaneiro) nin na segunda (finais de xuño-xullo), independientemente do número de actividades entregadas. 

Na segunda oportunidade poderanse recuperar os instrumentos de avaliación arriba descritos (solución de problemas en conxunto; obradoiro e proba mixta) coas mesmas porcentaxes que na primeira oportunidade. Ao finalizar as clases do segundo cuadrimestre, os profesores formularán a través de Moodle as actividades para a recuperación da "Solución de problemas" e do "Obradoiro".

- Na convocatoria adiantada de decembro a avaliación consistirá nun exame teórico-práctico.

- Os traballos ou actividades entregaranse como se indique en cada caso. O estudante comprométese a gardar unha copia de cada traballo, en previsión de problemas na recepción. Deben entregarse no prazo fixado. 

- Para aprobar a materia, as actividades, os textos e os exames deben cumprir unhas esixencias mínimas de corrección lingüística (ortografía, concordancia sintáctica, ausencia de reiteracións, precisión léxica, rexistro formal etc.). Faltas de ortografía como uso incorrecto de acentos, puntuación etc. descontarán 0,2 puntos; no caso das faltas graves, descontaranse 0,5 puntos. 

- O plaxio (é dicir, a utilización de textos ou ideas doutros autores sen indicar a fonte de procedencia), mesmo parcial, ou calquera outra falta de honradez académica, dará lugar á descalificación automática da actividade ou da proba. 

- Alumnos con dispensa académica recoñecida. Aplicaráselles o mesmo sistema de avaliación. Deben contactar cos profesores antes de finalizar o mes de setembro.

- Alumnos que precisan medidas de apoio á diversidade. Aplicaráselles o mesmo sistema de avaliación (coa implementación e flexibilidade que requira a situación concreta do estudante). 

- Alumnos erasmus e de outros programas de intercambio. Recoméndase un nivel equivalente a B1 como mínimo para matricularse na materia.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes