Guia docenteCurso
Facultad de Filología
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Lingua Galega 1
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral As sesións maxistrais consistirán en aulas fundamentalmente expositivas á volta dos contidos básicos da materia, unhas aulas en que se utilizarán diversos textos de carácter teórico-práctico seleccionados especificamente para facilitar a análise e a comprensión dos contidos.
Alén disto, nestas sesións coordinaranse actividades individuais ou grupais, resolveranse as dúbidas a respecto dos contidos propostos e achegarase bibliografía específica para cada tema.
Lecturas O estudantado deberá realizar, fóra da aula, lecturas puntuais obrigatorias para poder levar a cabo certas actividades propostas (exercicios, debates, comentarios etc.) e atinxir unha boa calidade lingüística.
Obradoiro Nas sesións de grupo intermedio e reducido, co apoio do profesorado da materia, realizaranse diversas actividades prácticas sobre temas concretos do temario para asentar os coñecementos adquiridos nas aulas maxistrais.
A combinación de diferentes modalidades formativas de carácter práctico (exercicio estrutural, estudo de casos e solución de problemas, análise e corrección de documentos orais e escritos, redacción, debate, traballo en grupo etc.) permitirá ao alumnado desenvolver eficazmente tarefas relacionadas cos contidos da materia.
Traballos tutelados Como complemento das actividades presenciais, o profesorado solicitará un traballo tutelado en grupo que os/as estudantes deberán realizar en horas non presenciais e entregar nas datas marcadas.
Presentación oral Nas últimas semanas do cuadrimestre, o alumnado terá que desenvolver unha proba oral a partir das instruccións facilitadas previamente polo / pola docente.
Eventos científicos e/ou divulgativos Valorarase a participación nestes eventos por medio de fichas, que se entregarán ao profesorado na data fixada.
Proba mixta Realizarase unha proba mixta (teórico-práctica) de carácter escrito en que se deberán mostrar os coñecementos e as competencias adquiridas na materia.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes