Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Lingua Galega 1
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A1 A2 A4 A9 A11 A15 B1 B4 B5 B6 B7 Na proba mixta (teórico-práctica), de carácter escrito, testaranse os contidos e as competencias adquiridas na materia (nomeadamente a competencia gramatical e a competencia comunicativa na escrita). 50
Traballos tutelados A1 A2 A4 A9 A11 A15 B1 B3 B4 B5 B6 B7 B8 No traballo tutelado grupal avaliaranse a corrección lingüística, a adecuación, coherencia e cohesión textuais, a competencia comunicativa escrita etc.
30
Eventos científicos e/ou divulgativos A1 A2 A4 A9 A11 A15 B3 B5 B6 B7 Nas fichas que darán conta da asistencia a este tipo de eventos avaliaranse fundamentalmente o espírito crítico, a capacidade de síntese e a corrección lingüística. 5
Presentación oral A4 A9 A11 A15 B3 B4 B7 B8 Na presentación oral avaliarase a competencia comunicativa (comprensión, expresión e interacción orais) do alumnado, así como a correcta execución das tarefas propostas. 15
 
Observacións avaliación

1. OBSERVACIÓNS XERAIS

1.1. Para superar a
materia, é preciso aprobar a PROBA MIXTA ESCRITA, a PRESENTACIÓN ORAL e o TRABALLO TUTELADO (cun mínimo
de 5 puntos sobre 10 en cada parte).

1.2. Tanto as actividades como as probas deberán cumprir unhas
exixencias mínimas de corrección lingüística (ortografía, puntuación,
concordancia sintáctica, ausencia de reiteracións, precisión léxica, rexistro
formal…); no caso de deficiencias lingüístico-expresivas, estas poderán ser
penalizadas na cualificación, segundo o documento "Exixencias mínimas de
corrección lingüística" (aprobado pola Sección de Galego-Portugués o
6/7/2018 e pendurado en Moodle).

1.3. O traballo tutelado e a recensión vinculada ao evento científico e/ou divulgativo entregaranse na aula, en papel, nos días fixados polo
profesorado.

1.4. Aplicarase unha
penalización do 25 % sobre a cualificación final de actividades se estas foren
entregadas fóra de prazo sen causa xustificada.

1.5. Os / As alumnos/as que
non superaren a materia en xaneiro poderán recuperala parcial ou totalmente na
2.ª oportunidade (xullo) segundo as normas detalladas na epígrafe seguinte.

1.6. Os traballos
presentados polo alumnado poderán ser incorporados ao Turnitin, ferramenta para
a detección do plaxio (mesmo de traballos previamente presentados nesta ou
noutras universidades polo/a estudante). En caso de se producir plaxio, poderán
ser aplicadas as medidas contempladas nas “Normas de avaliación, revisión e
reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario da
Universidade da Coruña” (artigo 14.4).

 

2. CUALIFICACIÓN FINAL na
2.ª OPORTUNIDADE (xullo)

2.1. Os / As estudantes que
suspenderen a PROBA MIXTA ESCRITA deberán facer outra proba do mesmo tipo que a
da 1.ª oportunidade na data, hora e lugar estabelecidos no calendario oficial de
exames da Facultade para a 2.ª oportunidade. Esta proba suporá igualmente o 50 %
da cualificación final e será preciso obter 5 puntos sobre 10 para aprobar.

2.2. Os / As estudantes que
suspenderen o TRABALLO TUTELADO deberán realizar outras actividades
substitutivas que se lles encomendaren e que constituirán o 30% da
cualificación final. Para este efecto, o profesorado da materia fará públicas, alén das cualificacións da 1.ª oportunidade, as instrucións correspondentes
(actividades asignadas, datas de recollida e entrega etc.). Así, igual que na
1.ª oportunidade, o / a alumno/a deberá ter realizado e aprobado (con 5 puntos
sobre 10) todas as actividades que foren solicitadas.

2.3. Os / As estudantes que
non atinxiren a puntuación mínima na PRESENTACIÓN ORAL (con 5 puntos sobre 10),
que supón o 15 % da cualificación final, terán que defendela de novo na 2.ª
oportunidade. Esta proba oral realizarase a seguir á proba mixta escrita da 2.ª
oportunidade.

 

3. CUALIFICACIÓN DE NON
PRESENTADO/A

3.1. En cada oportunidade
de avaliación o / a alumno/a recibirá a cualificación de NON PRESENTADO/A (NP) se
non se presentar á proba escrita e, alén disto, se o número de actividades
avaliábeis realizadas for inferior ao 50 %.

 

4. ALUMNADO A TEMPO
PARCIAL E CON DISPENSA ACADÉMICA

4.1. O alumnado
matriculado a tempo parcial e con dispensa académica recoñecida deberá pórse en
contacto co profesorado da materia no inicio do curso e asistir ás titorías obrigatorias para planificar, en cada
situación concreta, os axustes necesarios na avaliación no tocante ás
actividades presenciais (que serán substituídas por outras non presenciais
equivalentes).


5. CONVOCATORIA DE DECEMBRO

O alumnado que se presente á convocatoria de decembro será avaliado da
seguinte maneira: proba mixta (50 %), presentación oral (15 %) e traballo tutelado (35 %).

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes