Guia docenteCurso
Facultad de Filología
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Lingua Inglesa 1
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Primeira toma de contacto coa lingua inglesa en xeral e coa materia en particular, en que se desenvolven actividades destinadas a obter información relevante sobre o alumnado así como sobre as súas competencias iniciais en lingua inglesa, co fin de articular a docencia de xeito que se favorezan aprendizaxes eficaces e significativas, que partan dos saberes previos e intereses do alumnado.
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de lles transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
Seminario Aulas de carácter práctico en que se desenvolven as catro destrezas arredor dun tema dos que se poden atopar nos contidos ou outros que podan ser de interese xeral. Deste xeito, haberá seminarios de lectura, redacción e comprensión audiovisual case todas as semanas do curso.
Discusión dirixida Actividades desenvolvidas polo alumnado en grupos pequenos, coordinados pola profesora lectora, en que porán en práctica a súa destreza oral en lingua inglesa e se debaterán temas de forma libre, informal, espontánea e sinxela.
Proba oral Proba en que se avalían as competencias comunicativas do alumnado mediante unha pequena conversa ou entrevista coas profesoras individualmente ou por parellas. Os estudantes terán tamén que ler un texto en voz alta e tal vez improvisar situacións suxeridas polas profesoras, que poderán usar textos ou material audiovisual como apoio durante a proba.
Lecturas Todo o material que o estudantado terá que ler fóra da aula para a realización dalgúns exercicios de comprensión lectora así como todas as lecturas que poidan facer en inglés para outras materias. Tamén se considerarán "lecturas" a lectura de xornais, revistas, foros de internet, etc. en lingua inglesa, actividade que recomendaremos encarecidamente.
Traballos tutelados O alumnado deberá realizar un traballo en grupo ("project") sobre un tema que se especificará ao inicio do curso. Con este traballo preténdese promover a aprendizaxe autónoma do estudantado, baixo a tutela do profesorado así como a aprendizaxe colaborativa e as relacións entre a universidade e o entorno sociocultural no que se asenta.
Portafolios do alumno O portafolio consistirá na recompilación das diferentes tarefas de redacción encomendadas polo profesorado durante o cuadrimestre.
Proba mixta Proba práctica con exercicios variados de uso da lingua, algúns de resposta breve outros de elección múltiple, outros de ordenación ou de maior elaboración. Ás veces pedirase xustificación das respostas.
Aprendizaxe colaborativa Traballo presencial e non presencial a través de TICs en pequenos grupos co fin de compartir información e habilidades e optimizar os resultados de aprendizaxe de todos os membros do grupo.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes