Guia docenteCurso
Facultad de Filología
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Lingüística Xeral
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A1 A2 A3 A4 A5 A6 A9 A10 A11 A14 A15 B1 B3 B4 B5 B6 B7 B10 C1 C2 C4 C8 Proba escrita que o/a estudante realizará ao rematar o cuadrimestre, nas datas oficiais marcadas polo centro. 50
Obradoiro A1 A2 A3 A4 A5 A9 A10 A11 A14 A15 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B10 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Comprende toda a actividade desenvolvida polo estudante na aula e fóra dela. Teranse en conta a asistencia, participación e desempeño do estudante ao longo do curso. 10
Traballos tutelados A1 A2 A4 A5 A6 A9 A10 A11 A14 A15 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Cada estudante deberá realizar TRES actividades a longo do curso. 40
 
Observacións avaliación

1. A CUALIFICACIÓN FINAL DA 1.ª OPORTUNIDADE (xaneiro 2020) responderá ao seguinte reparto porcentual:

1.1. Un 50% obterase pola
PROBA MIXTA ESCRITA. Celebrarase unha soa proba mixta escrita (exame) no
mes de xaneiro, na data oficial  de exame da materia. Para aprobar a
materia, é imprescindible acadar unha cualificación mínima de 4.00 nesta
proba.

1.2. Un 40%
obterase da realización de TRES ACTIVIDADES (individuais ou grupais) ao
longo do curso, que serán entregadas obrigadamente en formato
electrónico e en formato impreso. As actividades deben entregarse nas
datas fixadas.

1.3. Un 10% responderá á ASISTENCIA, PARTICIPACIÓN E DESEMPEÑO do estudante ao longo do curso.

1.4. Os alumnos repetidores que non asistan ás aulas ou os que teñen unha dispensa académica oficial,
recibirán un 50% da súa cualificación pola realización da PROBA MIXTA
ESCRITA, e outro 50% pola realización das tres ACTIVIDADES (individuais
ou grupais) avaliables. Ao iniciarse o curso, todos os alumnos
repetidores ou con dispensa académica oficial deben comunicar ao
profesorado en que grupo interactivo se encadran. Ademais, os
repetidores deben comunicar se asistirán ás aulas xa que, de non facelo,
aplicaráselles o mesmo reparto porcentual que aos de primeira matrícula
(50%+40%+10%).

1.5. Superará a materia quen obteña unha
cualificación media mínima global de 5.00, logre un mínimo de 4.00
puntos na proba mixta escrita, e entregue polo menos dúas actividades
avaliables.

2. SEGUNDA OPORTUNIDADE DE XULLO (xullo 2020):

2.1. Consérvanse as cualificacións das probas e actividades superadas na 1.ª oportunidade.

2.2.
Quen deba realizar o exame (proba mixta escrita), farao no día oficial
(ver datas definitivas na web da Facultade ou no taboleiro oficial).

2.3.
Realizaranse a/s actividade/s suspensas (poden ser diferentes ás
realizadas en xaneiro, inda que co mesmo formato). Estarán dispoñibles
en Moodle ao rematar o período de exames do segundo cuadrimestre.

2.4.
Aos estudantes que non superen a materia en xaneiro e teñan unha
puntuación inferior a 5.00 puntos no apartado de asistencia e
participación, cualificaráselles co seguinte reparto porcentual na 2.ª
oportunidade de xullo: (a) proba mixta escrita, 50%; (b) actividades ou
tarefas avaliables, 50%.

3. OPORTUNIDADE DE AVALIACIÓN ADIANTADA (decembro 2019):

3.1.
Poden presentarse a esta oportunidade só estudantes cuns poucos
créditos pendentes para rematar a titulación. Consúltese a documentación
pertinente na web da UDC.

3.2. Realizarase a avaliación
exclusivamente mediante unha PROBA MIXTA ESCRITA de carácter
teórico-práctico, pola que se outorgará o 100% da cualificación.

4. CUALIFICACIÓN DE NON PRESENTADO.
Recibirán cualificación de Non Presentado (N.P.) só aquelas persoas
que: (a) non se presenten a ningunha das probas mixtas escritas oficiais
e que, ademais, (b) entreguen menos de dúas actividades avaliables.


NOTA. Uso de ferramentas antiplaxio.

O profesor/a poderá
utilizar ferramentas de busca e anticopia (entre elas Turnitin) para
detectar plaxios nos materiais que desenvolvan os/as estudantes durante o
curso. De atopar coincidencias que exceden o razoable, terá
consecuencias na súa cualificación, podendo mesmo non recibir puntuación
algunha polo traballo afectado e mesmo a cualificación global de suspenso na materia.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes