Teaching GuideTerm
Faculty of Philology
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Subjects
  Lingua e Cultura Clásica
   Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Document analysis A1 A2 B2 B5 Un 35% da cualificación final resultará de tres actividades de análise e comentario de textos propostas aos estudiantes, que serán presentadas por escrito conforme aos prazos e condicións acordados entre o profesor e os estudiantes. Estas tres actividades serán as seguintes:
- exercicio de comentario fonético: 10%
- exercicio de comentario morfosintáctico: 15%
- exercicio de comentario literario: 10%
Outro 5% da cualificación final obterase pola asistencia e participación activa nas sesións de grupo intermedio e reducido, onde se leven a cabo de forma oral debates e comentarios de textos.
40
Workbook B3 B6 B8 O estudante dará conta das lecturas obrigatorias que fosen propostas polo profesor mediante controis de lectura ou, no seu caso, recensións 10
Objective test A13 B1 B7 Efectuaranse dúas probas escritas individuais de carácter teórico-práctico, unha ao final do primeiro bimestre (sobre cuestións de lingua) e outra na data de maio estipulada no calendario oficial de exames da Facultade de Filoloxía (sobre cuestións de literatura). Cada unha suporá o 25% da cualificación global. Na oportunidade de xullo haberá unha única proba sobre cuestións de lingua e de literatura, que suporá o 50% da cualificación global. Porén, os estudantes que superasen na oportunidade de maio algunha das probas terán que examinarse so daquela que teñan suspensa. 50
 
Assessment comments

As actividades presentadas por escrito, incluidas as probas finais, deben cumprir cos oportunos estándares de corrección lingüística, estar redactadas de maneira clara e carecer de faltas de ortografía. O non cumprimento destas condicións será tido en conta negativamente na puntuación da proba respectiva.

A cualificación mínima para aprobar a materia, resultado da suma das puntuacións acadadas polas distintas actividades de avaliación programadas, será de 5. 

Os estudantes que non aprobasen a materia na oportunidade de xunio poderán repetir en xullo aquelas actividades ou probas pendentes/suspensas, coas mesmas condicións e porcentaxes. 

De non realizar as probas obxectivas previstas o estudante será cualificado como Non Presentado.

Os estudantes que disfruten da dispensa académica recibirán, no apartado de Análise de fontes documentais, un máximo do  40% da cualificación final en función das actividades que teñan presentado por escrito ao longo do curso, conforme á seguinte ratio:

-exercicio de comentario fonético: 12%

- exercicio de comentario morfosintáctico; 16%

- exercicio de comentario literario: 12%

A avaliación da convocatoria extraordinaria de decembro consistirá nunha única proba obxectiva de carácter teórico-práctico sobre contidos de lingua e de literatura

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes