Guia docenteCurso
Facultad de Filología
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Tecnoloxías da Información e da Comunicación
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas a través de TIC B2 Actividades curtas a desenvolver na aula informatizada. Cada semana será proposta unha nova actividade. As actividades realizadas serán utilizadas para valorar a participación dos/das estudantes. 25
Sesión maxistral A1 A15 B1 B2 B3 B4 B5 B9 C3 C6 C7 C8 A participación nas aulas maxistrais e a entrega de exercicios curtos prantexados de una clase para a seguinte 5
Traballos tutelados B1 B2 B3 B4 Dous traballos dunha maior extensión, que serán realizados ao longo do curso baixo a supervisión dos docentes 20
Proba mixta B4 Proba escrita na que deben ser demostrados os coñecementos e as competencias adquiridos 50
 
Observacións avaliación

PRIMEIRA OPORTUNIDADE

A primeira oportunidade será avaliada do seguinte xeito:

  • O 50% da nota global da materia corresponderá a unha proba escrita teórica sobre os coñecementos e competencias adquiridos ao longo do curso. Será precisa unha NOTA MÍNIMA de 5 (sobre 10) nesta proba escrita para superar a materia.
  • O 20% da nota global da materia corresponderá a dous traballos tutelados que deberán ser desenvolvidos ao longo do curso, utilizando os recursos da aula informática.
  • O 25% da nota global da materia corresponderá ao desenvolvemento das prácticas na aula de informática ao longo do curso.

  • Finalmente outro 5% da nota corresponderá á participación nas aulas de teoría e a resolución e entrega dos exercicios curtos que se propoñan na mesma nos diferentes temas.

OBSERVACIÓNS:

  • Terá cualificación de NON PRESENTADO calquera estudante que non realice a proba escrita teórica.

SEGUNDA OPORTUNIDADE

Poderán presentarse á segunda oportunidade ÚNICAMENTE aqueles/as estudantes que non superen a materia na primeira oportunidade

A segunda oportunidade constará de tres partes:

  • Proba escrita teórica (50% da nota final), para recuperar a nota da proba teórica da primeira oportunidade. Será precisa unha NOTA MÍNIMA de 5 (sobre 10) nesta proba escrita para superar a materia.
  • Proba escrita práctica (30% da nota final), para recuperar a nota das actividades prácticas dos grupos medianos.
  • Dous traballos prácticos (20% da nota final) para recuperar a nota dos traballos tutelados. Estes traballos poderán ser, a criterio dos docentes, os mesmos da primeira oportunidade ou outros de similar dificultade. O enunciado dos traballos será publicado no Moodle da UDC logo de publicarse as cualificacións definitivas da primeira oportunidade.

OBSERVACIÓNS:

  • Cada estudante poderá escoller se opta a recuperar unha, dúas ou as tres partes.
  • Se un/unha estudante decide non realizar a recuperación de algunha das tres partes, conservará a nota obtida na primeira oportunidade nesa parte.
  • Os/as estudantes con nota inferior a 5 na proba escrita teórica na primeira oportunidade deberán recuperar esa parte na segunda oportunidade para aprobar a materia.
  • Aqueles alumnos que se presentan ao examen extraordinario (ou adiantado) de decembro, examinaranse segundo o especificado na segunda oportunidade.

DISPENSA ACADÉMICA

Aqueles/as estudantes con matrícula a tempo parcial e dispensa académica que lles exima da asistencia ás clases poderán, en primeira oportunidade demostrar o seu desenvolvemento no manexo das ferramentas informáticas usadas nos grupos medianos mediante un exame práctico que valerá o 30% da nota e entregar os dous traballos tutelados. Para a segunda oportunidade examinaranse como o resto do alumnado.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes