Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Lingua Inglesa 2
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Primeira toma de contacto coa materia, na que se desenvolven actividades destinadas a obter información relevante sobre o alumnado así como sobre as súas competencias iniciais en lingua inglesa, co fin de articular a docencia de xeito que se favorezan aprendizaxes eficaces e significativas, que partan dos saberes previos e intereses do alumnado.
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de lles transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
Seminario Nesta materia denomínanse seminarios aquelas aulas de carácter práctico en que se desenvolven as catro destrezas arredor dun tema dos que se poden atopar nos contidos ou outros que podan ser de interese xeral. Deste xeito, haberá seminarios de lectura, redacción e comprensión audiovisual case todas as semanas do curso.
Discusión dirixida Nesta materia chamámoslle discusión dirixida ás actividades desenvolvidas polo alumnado en grupos pequenos, coordinados polo profesorado lector, en que porán en práctica a súa destreza oral en lingua inglesa e se debaterán temas de forma libre, informal, espontánea e sinxela.
Traballos tutelados O alumnado deberán realizar un traballo en grupo ("project") sobre un tema que se especificará ao inicio do curso. Con este traballo preténdese promover a aprendizaxe autónoma do estudantado, baixo a tutela do profesorado así como a aprendizaxe colaborativa. O "project" exporase en clase e entregarase tamén unha versión escrita súa.
Proba obxectiva Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe. Permitirá avaliar coñecementos, capacidades, destrezas, rendemento, aptitudes, actitudes, intelixencia, etc. en todas as destrezas.Esta proba obxectiva pode combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación, entre outras.
Proba oral Proba en que se avalían as competencias comunicativas do alumnado mediante unha pequena conversa ou entrevista coas profesoras individualmente ou por parellas. Os estudantes terán tamén que ler un texto en voz alta e tal vez improvisar situacións suxeridas polas profesoras, que poderán usar textos ou material audiovisual como apoio durante a proba.
Portafolios do alumno É unha carpeta ordenada por seccións, que contén os materiais realizados polo alumnado durante o cuatrimestre, o que lle permitirá visualizar o seu progreso: redaccións, traballo persoal voluntario do alumnado, etc.
Lecturas Nesta materia chamarémoslle lecturas a todo o material que o estudantado terán que ler fóra da aula para a realización dalgúns exercicios de reading comprehension así como todas as lecturas que poidan facer en inglés para outras materias. Tamén se considerarán "lecturas" a lectura de xornais, revistas, foros de internet, etc. en lingua inglesa, actividade que recomendaremos desde o primeiro día de clase.
Aprendizaxe colaborativa A elaboración do "project" fomentará a aprendizaxe colaborativa do alumnado posto que traballarán de forma presencial e non-presencial en pequenos grupos de xeito conxunto, compartindo información e habilidades, e dirixidos pola profesora que optimizará a aprendizaxe de todos os membros do grupo.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes