Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Lingua Inglesa 2
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Seminario C3 A avaliación das competencias de compresión auditiva que o alumnado debe acadar tras participar nos seminarios realizarase a través de exercicios de listening comprehension que se levarán a cabo antes da data oficial no período de avaliación.
15
Traballos tutelados B1 Avaliarase a súa exposición oral e a parte escrita así como o traballo realizado polo grupo ao longo do cuadrimestre. 10
Proba obxectiva A15 C2 Ao longo do curso o alumnado terá que realizar probas obxectivas de "Use of English" que avaliarán todo o traballo feito nas aulas. 50
Proba oral A15 B4 Todo o alumnado realizará unha proba oral ao final do cuadrimestre ou no período da avaliación en que deberá amosar as súas competencias comunicativas en lingua inglesa. 15
Portafolios do alumno B3 No portafolio evaluaremos as tres tarefas de producción escrita feitas ao longo do curso. Valoraráse a orixinalidade, a creatividade, a implicación pesronal e la transversalidade 5
Lecturas A6 haberá lecturas recomendadas 5
 
Observacións avaliación

IMPORTANTE: Para superar a materia, a suma das distintas probas, project e demáis actividades avaliables deberá ser 5 sobre 10, tendo en conta que a cualificación mínima do
exame final, da proba oral e das tarefas de producción escrita non
poderá ser inferior a 4, aínda que a nota media total sexa 5 ou máis. 

Aplicarase unha penalización do
25% sobre a cualificación final de traballos e actividades se estes son
entregados fóra de prazo sen causa xustificada. 

Os traballos con
evidencia de plaxio serán cualificados automáticamente coa calificación
de 0.   

Os traballos escritos poden ser revisados a través da aplicación Turnitin que detecta citas incorrectas,
plaxio e outros tipos de fraude. Se isto ocorrer, aplicaranse as normas contra
o plaxio (Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos
estudos de grao e mestrado universitario). Turnitin
recoñece traballos previamente realizados por outras persoas (ou polo/a
propio/a estudante)nesta universidade ou noutras, ademais doutros materiais
localizados en Internet.  

Os
alumnos/as que non se presenten o día das probas obxectivas de xuño
ou xullo acadarán a cualificación de NP, se non entregaron máis do 50% de actividades durante o curso.

A
participación dinámica nas diferentes tarefas da clase, así como todo o
material de "extra-credit" que o alumnado realice ao longo do
cuatrimestre, poderá supoñer ata un 5% extra na nota final. Isto inclúe
traballos voluntarios, lecturas alternativas ou calquera outra
actividade proposta polo profesorado, ou proposta polo alumnado e
aceptada polo profesorado.

OPORTUNIDADE de XULLO: A
distribución de porcentaxes será a seguinte: exame (50%), tarefas de avaliación das diferentes destrezas (50%)

Alumnado con dispensa: O
alumnado matriculado a tempo parcial e que teña concedida unha dispensa
académica, tal e como establece a Normativa desta universidade, será
avaliado en calquera das dúas oportunidades seguindo os mesmos criterios
que para a segunda oportunidade de xullo.

Os alumnos que se presentan á convocatoria adiantada de decembro avaliaranse segundo as normas especificadas para a oportunidade de xullo.

Atención á diversidade:

Existe
unha oficina (ADI) na universidade que se especializa en "atender os
membros da comunidade universitaria con necesidades especiais derivadas
da discapacidade ou doutras formas de diferenza fronte á poboación
maioritaria". O alumnado que o desexe pode falar coa profesora Ana
Veleiro para acadar máis información ou poñerse directamente en contacto
coa ADI en http://www.udc.es/cufie/uadi/. Tamén no teléfono 5622 ou na dirección de email adi@udc.es.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes