Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Lingua Inglesa 2
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Seminario B1 B5 B6 Nesta materia chámanse seminarios ás aulas de docencia interactiva nas que se traballa en grupos reducidos. A asistencia e participación activa nestas aulas suporá un 5% da nota final.
5
Traballos tutelados A6 B1 B3 B5 B6 C2 C3 O "project" suporá un 10 por cento da nota final. Avaliarase a súa exposición oral e a parte escrita así como o traballo realizado polo grupo ao longo do cuadrimestre. 10
Proba oral A6 A9 A15 B4 B5 C2 O alumnado realizará unha proba oral ao final do cuadrimestre na que deberá amosar as súas competencias comunicativas en lingua inglesa. Se ao longo do cuadrimestre un alumno ou alumna acada máis dun 5 sobre 10 na avaliación continua das suás competencias de expresión oral, non terá que facer a proba final.
15
Portafolios do alumno A6 A9 A15 B3 B6 No portafolios avaliaremos as tarefas de produción escrita realizadas ao longo do curso. 20
Proba mixta A6 A9 A15 B1 B3 B6 C2 No exame oficial de maio-xuño todo o alumnado deberá realizar unha proba mixta coas seguintes partes: gramática e vocabulario; comprensión lectora; comprensión auditiva. 50
 
Observacións avaliación

IMPORTANTE: Para superar a materia, a suma das distintas probas, project e demáis actividades avaliables deberá ser 5 sobre 10, tendo en conta que a cualificación mínima do exame final, da proba oral e das tarefas de producción escrita non poderá ser inferior a 4, aínda que a nota media total sexa 5 ou máis. 

Aplicarase unha penalización do 25% sobre a cualificación final de traballos e actividades se estes son entregados fóra de prazo sen causa xustificada. 

Os traballos con evidencia de plaxio serán cualificados automáticamente coa calificación de 0. Para este fin poderá usarse a aplicación Turnitin, que recoñece traballos previamente presentados nesta ou noutras universidades, incluso do mesmo estudante.     

Os alumnos/as que non se presenten o día da proba mixta oficial  acadarán a cualificación de NP, se non entregaron máis do 50% de actividades durante o curso.

A participación dinámica nas diferentes tarefas da clase, así como todo o material de "extra-credit" que o alumnado realice ao longo do cuadrimestre, poderá supoñer ata un 5% extra na nota final. Isto inclúe traballos voluntarios, lecturas alternativas ou calquera outra actividade proposta polo profesorado, ou proposta polo alumnado e aceptada polo profesorado.

OPORTUNIDADE de XULLO: A distribución de porcentaxes será a seguinte: exame (50%), tarefa(s) de redacción (20%), traballo tutelado (10%), entrevista oral individual co profesorado (20%). 

Alumnado con dispensa: O alumnado matriculado a tempo parcial e que teña concedida unha dispensa académica, tal e como establece a Normativa desta universidade, será avaliado en calquera das dúas oportunidades seguindo os mesmos criterios que para a segunda oportunidade de xullo.

Os alumnos que se presentan á convocatoria adiantada de decembro avaliaranse segundo as normas especificadas para a oportunidade de xullo.

Atención á diversidade:

Existe unha oficina (ADI) na universidade que se especializa en "atender os membros da comunidade universitaria con necesidades especiais derivadas da discapacidade ou doutras formas de diferenza fronte á poboación maioritaria". O alumnado que o desexe pode falar coa profesora Ana Veleiro para acadar máis información ou poñerse directamente en contacto coa ADI en http://www.udc.es/cufie/uadi/. Tamén no teléfono 5622 ou na dirección de email adi@udc.es.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes